B1

Francés B1.1

Este curso está orientado ao uso instrumental da lingua francesa nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe comezar a adquirir as competencias do nivel B1 (usuario independiente, grao inicial do nivel intermedio), dentro dos seis niveis que se distinguen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

► Para realizar este curso cómpre ter un nivel A2 de francés.

Francés B1.2

Este curso está orientado ao uso instrumental da lingua francesa nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe consolidar as competencias do nivel B1 (usuario independente, grao elevado do nivel intermedio), de acordo cos seis niveis que se recoñecen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

No final do curso, o estudantado saberá desenvolverse con fluidez na maior parte das situacións que poden xurdir na vida cotiá (persoal, académica e laboral), durante unha viaxe ou nunha estadía país de lingua francesa.

► O curso está concibido para alumnado que teña realizado polo menos 240 horas do idioma ou que teña superado o nivel B1.1.