O Comité Olímpico Internacional (COI) define un CEIO como “unha iniciativa universitaria que funciona grazas á contribución de profesores, investigadores e estudantes (de posgraduado), cuxa misión é crear ou diseminar o coñecemento olímpico, principalmente entre estudantes universitarios (aínda que tamén é posible dirixirse a grupos adicionais) mediante as súas actividades académicas (cursos, investigacións, publicacións e conferencias). As cátedras olímpicas que encaixan nesta definición tamén se consideran CEIO universitarios” (Definición vixente no ano 2024).