Non avaliable

Os proxectos que se atopen nalgunha das seguintes situacións recibirán unha Declaración de non avaliable do CEID-UDC, debido a:

  • Deficiencias fundamentais: Non se emitirán informes daqueles proxectos que non cumpran cos requisitos mínimos esixidos para a súa avaliación. Isto inclúe casos nos que o protocolo non incorpore os contidos esenciais requiridos polo Comité, ou cando a investigación se atope nunha fase inicial sen un afondamento suficiente no estado da arte, na definición do deseño metodolóxico, ou nas cuestións éticas. Nestes casos, recomendarase a súa revisión e nova presentación.
  • Investigación iniciada: Segundo o artigo 4 do Regulamento do CEID‐UDC, aprobado polo Consello de Goberno o 3/04/2018 e modificado o 26/09/2019, é función do Comité informar sobre a corrección ética dos proxectos e traballos de investigación "con anterioridade ao seu desenvolvemento" (art. 4.2.a). Polo tanto, non serán avaliados aqueles proxectos nos que se solicite un informe dunha investigación xa iniciada ou finalizada sen contar cunha avaliación previa dun Comité de Ética.
  • Investigación desenvolvida fóra do territorio español: Os proxectos cuxa recollida de datos se realice exclusivamente fóra de España non serán avaliados polo CEID-UDC, xa que o informe emitido non tería validez ao non axustarse á lexislación do país onde se desenvolve a investigación. Nestes casos, a persoa investigadora deberá obter o informe do comité de ética correspondente ao lugar onde se realizará o estudo.