É responsabilidade da persoa investigadora principal garantir que o proxecto se desenvolva conforme á documentación presentada e pola que obtivo informe favorable do CEID-UDC.
Calquera modificación significativa no deseño deberá ser comunicada ao Comité para a súa revisión e aprobación previa ao acceso ao campo.
Unha vez rematada a investigación, a persoa autora ou investigadora principal deberá comunicar ao CEID-UDC a súa finalización segundo o modelo facilitado e a través do formulario.