Cátedra everis de Transformación Digital

logo

A Cátedra everis en Transformación Dixital, adscrita á Facultade de Informática, ten como obxectivo colaborar na docencia, investigación, transferencia tecnolóxica e na empregabilidade dos estudantes para acometer e afondar na transformación dixital das organizacións públicas e privadas.

Como liñas estratéxicas patéxase a organización de cursos e talleres de temáticas técnicas (Big Data, Ciberseguridad, mobilidade, entre outros) e de orientación profesional, que permitan alienar as competencias e coñecementos dos estudantes coa demanda actual e futura do mercado laboral.

A cátedra contempla o desenvolvemento de liñas de investigación conxunta; a cooperación para lograr proxectos de investigación no ámbito galego, español e europeo; a promoción de encontros e redes nacionais e internacionais de expertos; a colaboración en grados, mestrados e estudos de doutoramento; o deseño e impartición de programas de formación permanente; o patrocinio de bolsas predoutorais e posdoutorais, entre outras iniciativas. everis achegará a dotación económica necesaria para o funcionamento da cátedra.

Sobre everis

everis é unha empresa do grupo NTT DATA que ofrece solucións de negocio, estratexia, desenvolvemento e mantenemento de aplicacións tecnolóxicas, e outsourcing. A compañía, que desenvolve a súa actividade nos sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, industria, utilities, enerxía, administración pública e sanidade, acadou unha facturación de 1.031 millóns de euros no último exercicio fiscal. Na actualidade, conta con preto de 19.000 profesionais distribuídos nas súas oficinas e centros de alto rendemento en 16 países.

A consultora pertence ao grupo NTT DATA, unha compañía líder no sector das TI e socio global de innovación que conta con 80.000 profesionais en máis de 40 países. A integración en NTT DATA permite a everis ampliar as solucións e servizos para os seus clientes, aumentar as súas capacidades, recursos tecnolóxicos, xeográficos e financeiros para así poder dar as respostas máis innovadoras aos seus clientes.

Contacto

Dirección: Adriana Dapena

Contacto: catedra.everis@udc.gal