Campus Industrial

Campus Naval, Oceánico e Industrial

Conta con seis centros nos que se imparten once graos, sete másteres e seis programas de doutoramento enmarcados nas dúas áreas de especialización que fan de Ferrol un Campus singular: a naval e oceánica e a industrial. Ler máis

Especialización

O 83% dos matriculados elixe estudos vinculados ao sector industrial

Diferenciación

Gran variedade de carreiras no eido da enxeñaría e estudos superiores de carácter técnico

Diversidade

Estudantes chegados de diferentes lugares, con diversas capacidades e en constante crecemento

Contrastes

Deporte, natureza, cultura, praia… Unha contorna envexable ao alcance da man

Especialización industrial

Carreiras de calidade docente moi consolidadas no sector industrial que contan cunha taxa de inserción laboral superior á media.

Especialización industrial
Patrimonio arquitectónico

Patrimonio arquitectónico

O Campus conta con emblemáticos edificios destinados a usos administrativos, de investigación e de estudo.

Oferta académica

Múltiples posibilidades para completar a túa formación superior co máximo nivel de calidade

Apoio ao estudante

Aulas de estudo, oferta deportiva, aloxamento compartido… Un Campus da man dos estudantes

Igualdade de xénero

Todo o soporte técnico preciso para acadar os obxectivos de igualdade entre mulleres e homes

Alta inserción laboral

A taxa de inserción laboral dos nosos alumnos é superior á media nacional

Relación coa empresa

42 grupos e 155 liñas de investigación lideran a relación coa empresa na UDC desde Ferrol

Residencia de estudantes

A residencia pública universitaria atópase no céntrico barrio da Magdalena

Investigación e transferencia

Convocatorias anuais de premios para o apoio e impulso da investigación universitaria

Mobilidade internacional

Prácticas profesionais, cursos, bolsas e convenios que facilitan a internacionalización dos estudantes

Tempo de lecer

Ampla oferta cultural e deportiva nun entorno de contrastes entre a cidade, o mar e a industria

BOLSAS E AXUDAS

Ver máis

A CIDADE

Ver máis

O CAMPUS

Ver máis

TITULACIÓNS E CENTROS

Ver máis

Unha Universidade para todos

A Unidade Universitaria de Atención á Diversidade, dependente da Vicerreitoría do Campus de Ferrol e de Responsabilidade Social, creouse para atender aos membros da comunidade universitaria con discapacidade ou outras necesidades específicas.

O seu cometido principal é facilitar a plena integración do alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimentan dificultades ou barreiras externas a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Centros do campus

Son profesora de Matemáticas no Campus de Ferrol da Universidade da Coruña. Teño visto nas miñas aulas alumnos e alumnas que agora ocupan postos destacados. Os centros de Esteiro e Serantes, coa súa docencia e investigación, contribúen á mellora da vida social, económica e cultural de Galicia e ese é o mellor orgullo para un profesor

Araceli Torres Miño, vicerreitora do Campus de Ferrol

Praia Pantin

Non todo vai ser estudar: deportes, praias espectaculares, natureza, cultura e vida social

O Campus de Ferrol está situado na terceira concentración urbana de Galicia, cun centro en Serantes e o resto asentados entre as 67 especies arbóreas do xardín botánico de Esteiro, en edificios rehabilitados que conformaban o antigo Hospital de Mariña de Ferrol e outros de nova planta.

Moi preto están as praias de Pantín e Doniños, ideais para o surf e deportes acuáticos en xeral. O Centro Cultural Universitario de Esteiro acolle a oferta cultural do Campus, tanto os cursos e obradoiros (arte, teatro, música, fotografía…), como os ciclos de cinema ou exposicións.

En definitiva, a vida universitaria en Ferrol é un cúmulo de experiencias. Descúbreas no Campus Industrial de Ferrol!

Coñece a vida universitaria en Ferrol

Contacta con nós

Campus Industrial

Dr. Vázquez Cabrera, s/n
15403 Ferrol

Síguenos en...