Acceso desde fóra da UDC

Acceso en liña á colección electrónica da Biblioteca

Pódese acceder aos recursos electrónicos (revistas, libros, bases de datos), adquiridos para o seu uso con fins académicos e de investigación, desde calquera dispositivo conectado a internet, tanto dentro como fóra do Campus.

  • Desde as instalacións da UDC: mediante calquera dispositivo conectado á rede da UDC.
  • Desde fóra da UDC:
    • Autenticándose como membro da comunidade universitaria: profesor (PDI), estudante ou persoal de administración e servizos (PAS).

Contactos

  • Se ten algún problema coa configuración do acceso, contacte co Centro de Atención a Usuarios (CAU), cau.sic@udc.es, tel. 981 167 000, extensión 2222.
  • Se ten algún problema co acceso aos contidos dos proveedores, diríxase á Sección de xestión das coleccións, adquisiciones.bib@udc.es, tel. 981 167 000, extensións 5669, 5689, 5670.