Acceder desde fóra da UDC

Vía autenticación

Acceso á páxina de autenticación.

Usuarios do servizo

As licenzas de contratación dos recursos só permiten o acceso aos membros de pleno dereito da comunidade universitaria: alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos.

Características

Para utilizar esta vía de acceso deberá introducir as súas credenciais de acreditación da UDC (usuario e contrasinal) e polo tanto ten que estar dado de alta no xestor corporativo da Universidade, deste modo a Biblioteca Universitaria poñerá á súa disposición os recursos electrónicos de información que ofrece desde calquera ordenador que non estea conectado á rede da UDC.

Ao contrario que na conexión vía proxy, non precisa cambiar a configuración do seu ordenador.

Responsabilidades

O Servizo de Biblioteca contrata recursos de información unicamente con fins académicos, por iso, non se permite o seu uso con fins lucrativos nin para o desenvolvemento de actividades profesionais alleas á Universidade.

As licenzas de contratación destes recursos só permiten o acceso aos membros da comunidade universitaria, por tanto, é responsabilidade deles a correcta utilización das súas claves e contrasinais de acceso.

Lémbrase que hai que facer un uso respectuoso dos recursos en relación cos dereitos de propiedade intelectual. É dicir, un uso que non vulnere a súa explotación normal e non produza prexuízo nos intereses lexítimos dos titulares dos dereitos. Non se permite a reprodución íntegra nin de partes substanciais dos recursos electrónicos de información e, en caso de citar materiais extraídos destes recursos, indicarase a fonte e a autoría.

Seguridade

O sistema está configurado de tal xeito que se desactiva automaticamente tras un tempo sen realizar consultas. De todas maneiras, pedímoslle que, cando finalice a súa consulta, peche a sesión remota.

O acceso vía autenticación aos recursos bibliográficos electrónicos non permite pasarelas a outro tipo de información á que se accede tamén vía autenticación.

Contacto

Se ten algún problema con este acceso, pode poñerse en contacto coa Sección de Información e Referencia no teléfono 981 167 000, ext. 5663, ou enviar un e-mail a informacion.bib@udc.es.