As teses ou traballos académicos atópanse a miúdo depositados en repositorios institucionais na web, de xeito que serán tratados como os outros materiais en liña.
Seguen as mesmas pautas que se establecen para as monografías en Internet, ou para as citas de partes como táboas, figuras ou apéndices. A única variación é a existencia do campo [Tipo de documento] no que cómpre sinalar se é unha tese, un traballo fin de grao, un traballo fin de mestrado, etc.
Autor. Título [Tipo de documento en Internet]. Lugar de publicación: Editor; Datade publicación [Data de citación]. Dispoñibilidade.
Roca Fernández C. Eficacia del vendaje funcional en el síndrome femoropatelar [trabajo fin de grado en Internet]. A Coruña: Universidade da Coruña; 2010 [citado 2014 Abr 7]. Disponible en: http://ruc.udc.es/handle/
2183/7201.
Martín Ponce E. Factores de riesgo cardiovascular y supervivencia a largo plazo en un servicio de medicina interna [tesis]. La Laguna: Universidad de La Laguna; 2010.