O estilo Vancouver é o máis utilizado para referenciar as publicacións científicas en ciencias da saúde. Toma o seu nome da reunión celebrada en 1978 nesa cidade entre importantes editores científicos, que levou á creación do ICMJE (International Committe of Medical Journal Editors) e ao establecemento dunhas recomendacións para a publicación en revistas biomédicas. Dende 2007 a National Library of Medicine de Estados Unidos (NLM) toma o relevo e publica a obra "Citing Medicine" que está considerada como a fonte principal para a citación en Vancouver. Nesta páxina ofrécese unha guía resumida e áxil da obra "Citing Medicine".
Monografías en Internet
Páxinas web
Bases de datos