EXPOSICIÓN "Pegadas da memoria"

 

A exposición “pegadas da memoria” inaugurouse o día 1 de outubro de 2014. As fotografías expostas no soto do Edificio Universitario de Oza e na propia Biblioteca, reuníronse formando grupos segundo o tema ó que fan referencia, cun texto explicativo para cada tema.

No acto de inauguración da exposición, celebrado o día 1 de outubro ás 13:00 horas no Salón de Actos do Edificio Universitario de Oza, interviñeron Xosé Luis Armesto Barbeito (Rector Magnífico da Universidade da Coruña), Francisco José Vilanova Fraga (Xerente de Xestión Integrada do CHUAC), Antón Fernández García (Presidente da Comisión de Docencia do CHUAC), Francisco Javier de Toro Santos (Xefe do Servizo de Reumatoloxía do CHUAC), e Carlos González Guitián (Xefe do Servizo de Biblioteca do CHUAC). No acto estiveron presentes os Decanos das Facultades de Ciencias da Saúde e Fisioterapia, a Directora da Escuela de Enfermaría da Coruña, o Presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e dos Colexios Profesionais Sanitarios, así como unha nutrida representación de profesionais das Ciencias da Saúde.

O acto de inauguración foi retransmitido por UDC TV. Nos días posteriores á inauguración, o comisario da exposición, José Manuel Varela Camacho, e a directora da Biblioteca Universitaria de Oza, Carmen Uriz López, foron entrevistados en directo nos programas "Voces de Galicia" de RadioVoz e "Hoy por hoy A Coruña" da Cadena SER.

Metodoloxía. A realización da exposición ten como precedente fundamental o libro "El Sanatorio Marítimo de Oza", coordinado polo doutor tristemente desaparecido Fausto Galdo Fernández, que serviu de referencia e motivación, pois se ben nun principio a intención de recoller instantáneas de Oza se limitaba ao antigo Pavillón de Colonias (hoxe reformado como Edificio Universitario), a lectura destes textos que cobren e detallan todos os períodos históricos e avatares diversos, motivou que a exposición fose “crecendo” en tamaño e complexidade.

Todas as fotografías están reunidas formando grupos segundo o tema a que fan referencia, agrupándose arredor dun texto explicativo que as contextualiza. Os grupos temáticos son: a Capela de Santa María de Oza, o Fortín e o Faro de Oza, o Lazareto de Oza, a Praia de Oza, os Pavillóns do Sanatorio de Oza, os xardíns do Sanatorio de Oza, as colonias escolares, as persoas, o Pavillón Cirúrxico “Fernández Latorre”, o Pavillón de Colonias e o Campus Universitario de Oza.

En canto ao proceso de recollida e selección das fotografías, unha parte importante da mostra está formada por imaxes incluídas nos fondos documentais do Sanatorio Marítimo de Oza transferidos no ano 1989 polo Insalud ao Arquivo do Reino de Galicia. De gran axuda foi tamén o material atopado dentro do “Fondo Villar” no Arquivo Municipal da Coruña. O factor determinante no criterio de selección foi, sen dúbida, o contido das imaxes, pois trátase dunha mostra de carácter ilustrativo, motivo polo cal, nalgúns casos, aínda que a “calidade” visual non é a desexada (feito derivado da antigüidade ou da deterioración sufridas polos soportes orixinais), considerouse pertinente incluílas polo seu valor testemuñal.

 

Unha escolma das fotografías que formaron parte da exposición pódense consultar nun taboleiro de Pinterest. Noutro taboleiro desta aplicación están as fotografías que, por distintos motivos, non formaron parte da exposición. E, por último, outro taboleiro contén todas aquelas fotografías que apareceron unha vez inaugurada a exposición, e seguirá aberto ás novas incorporacións.

 

No dossier de prensa recopílanse todos os artigos e fotografías que se publicaron en periódicos nacionais dende 1888 relacionados co Sanatorio Marítimo de Oza, as colonias escolares, o lazareto e outros temas tratados na exposición.

  
Bibliografía

Mención especial na bibliografía para o catálogo da exposición, que recolle todos os textos e as fotografías que formaron parte da mesma: Pegadas da memoria: imaxes do Sanatorio de Oza dende 1910 ata a súa transformación en Campus Universitario: [catálogo da exposición]. A Coruña: Biblioteca Universitaria de Oza, Universidade da Coruña; 2014.

 

A Coruña 1990...2001 : Escola Universitaria de Fisioterapia : 10 aniversario. A Coruña: Escola Universitaria de Fisioterapia; 2001.

Aláez Beade P. A Coruña: monumental e turística. León: Everest; 2002.

Arquitectura española: spanish architecture: 1997-1998. Madrid: El Croquis; 1998. Manuel de las Casas, Centro Universitario de Ciencias de la Salud; p.42-53.

Arquivo do Reino de Galicia. Sanatorio Marítimo de Oza: instrumentos descriptivos. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural; 1996.

Archivo Municipal de La Coruña. Catálogo de la colección de postales. A Coruña: Ayuntamiento; 1998.

Castro X. A Coruña: nostalxia e ilusión. A Coruña: Hércules de Ediciones; 2011.

Cendán S. El Sanatorio Marítimo de Oza: memoria de otro tiempo. Ferrol: Aldine; 2010.

Centro Universitario de Ciencias de la Salud en A Coruña. Cercha. 2000 Feb;53.

Colectivo de Alumnos del MuASA Curso 2011-2012. La ría de la salud : una solución sanitario-asistencial hacia el Hospital 2050 en A Coruña. A Coruña: Colectivo de Alumnos del MuASA 2011-2012; 2012.

Concurso a anteproxectos para a construcción do Centro Universitario de Ciencias da saúde da Universidade da Coruña no Complexo Hospitalario de Oza. Obradoiro. 24;150-151.

Facultade de Ciencias da Saúde. Obradoiro. 27;89-95.

Font Arellano J. Los sanatorios del Patronato Nacional Antituberculoso: soluciones constructivas para épocas de crisis. En: Gil Crespo I, García S, Taín M. Actas del Séptimo Congreso Nacional de Historia de la Construcción; Santiago de Compostela; 2011 Oct 26-29. Madrid: Instituto Juan de Herrera; 2011.

Galdo Fernández F. El Sanatorio Marítimo de Oza. A Coruña: Grupo 76; 2007.

Instituciones escolares creadas y mantenidas por el Ayuntamiento de Madrid. Madrid: Imprenta Municipal; 1921.

La Coruña entre siglos: 1899-2000. A Coruña: Foto Blanco; 2000.

La Coruña y su provincia. S.l.: s.n.; 1927?

La obra sanitaria en España durante los años 1910 a 1912. Madrid: Imp. Valentín tordesillas; 1914. Cap. VI, Otras instalaciones sanitarias, los sanatorios marítimos.

Martínez López A, Carro Carro P. Barrios: Cidade Vella, Santa María de Oza, San Vicente de Elviña, San Cristobo das Viñas, San Pedro de Visma. La Coruña: Ayuintamiento; 1989.

Martínez Rodríguez E. Memoria de las expediciones de colonias infantiles veraniegas al Sanatorio marítimo Nacional de Oza (La Coruña) creadas y sostenidas por el establecimiento. Madrid: Imprenta Torrent.; 1929.

Momentos coruñeses. A Coruña: Foto Blanco; 2001.

Nárdiz Ortiz C, Acinas JR (dir.). El puerto y la ciudad de A Coruña. A Coruña: Autoridad Portuaria; 1998.

Ortiz Novo. Colonias escolares (instituciones circunescolares). En: Congreso Pedagógico; La Coruña; 1926 Oct. Madrid: Librería y Casa Editorial Hernando; 1928.

Pereira Poza A. La paciencia al sol historia social de la tuberculosis en Galicia (1900-1950). Sada: Ediciós do Castro; 1999.

Reboredo Santos A. Plan especial de reforma interior "Hospital Marítimo de Oza". A Coruña: Concello da Coruña; 1994.

Rodríguez Martínez J. El Lazareto de Oza, el clima de La Coruña y un sanatorio antituberculoso: conferencia dada por el doctor Rodríguez Martínez en el Teatro Circo Emilia Pardo Bazán, la noche del 19 de noviembre de 1908. A Coruña: Imprenta Roel; 1908?

Rodríguez Pérez JF. Las colonias escolares municipales madrileñas (1910-1936) [tesis]. Madrid: Universidad Complutense; 2001.

Roy Herreros P. Planes escolares de la Villa y Corte: parques infantiles, excursiones escolares... [trabajo presentado al concurso de 1928 entre funcionarios municipales del Ayuntamiento de Madrid]. Madrid: Imprenta Municipal; 1929.

Rubio y Marco F. Memoria del director del Sanatorio Marítimo Nacional de Oza. Madrid: Imprenta del Colegio Nacional de Sordomudos; 1912.

Sánchez García JA. Faros de Galicia: historia y construcción de las señales luminosas en un Finisterre atlántico. A Coruña: Fundación Caixa Galicia; 2004.

Soraluce Blond JR, Fernández Fernández X (dir.). A Coruña. A Coruña: Deputación Provincial; 1997. (Arquitecturas da provincia da Coruña; 6).

Teixeira P. El atlas del rey planeta: la "Descripción de España y de las costas y puertos de sus reinos". San Sebastián: Nerea; 2009.

Universidade da Coruña, Departamento de Historia de la Arquitectura. Arquitectura románica de La Coruña. I, Faro, Mariñas, Eume. Santiago de Compostela: COAG; 1983.

Verdes Montenegro J. Los sanatorios marítimos y las defensas específicas contra la tuberculosis en los niños. Arch Esp Pediatría. 1921 Feb;2:65-83.

Vigo Trasancos A (dir.). Galicia y el siglo XVIII: planos y dibujos de arquitectura y urbanismo (1701-1800). A Coruña: Fundación Barrié; 2011.