Boas prácticas para o PDI sobre a Bibliografía Recomendada

Para resolver calquer dúbida contacte coa Biblioteca a través do teléfono 981 16 70 00 (extensión 5817 ou 5944), ou a través do correo electrónico biblioteca.oza@udc.gal

Na renovación anual das guías docentes é necesario revisar en cada materia de estudo a bibliografía e as fontes de información básica recomendadas, para que cada curso estas estean actualizadas. Convén ter en conta que a Biblioteca baséase nas guías docentes para adquirir esas obras.

A continuación recollemos unha serie de boas prácticas á hora de revisar a bibliografía e as fontes de información básica recomendadas nas guías docentes:

  1. Axeitar as fontes de información aos resultados de aprendizaxe previstos na materia.
  2. Recomendar un número non excesivo de obras.
  3. Separar as referencias en bibliografía básica e bibliografía complementaria, se fose conveniente.
  4. Utilizar en todas as referencias o mesmo estilo de citación.
  5. Recomendar bibliografía o máis actualizada posible e, polo contrario, evitar recomendar obras ou edicións anticuadas.
  6. Referenciar fontes de información accesibles para as e os estudantes. Pode consultar aquí se as obras figuran no catálogo da Biblioteca, ben en formato físico, ben en formato electrónico.
  7. No caso de incluír na bibliografía recomendada libros ou artigos electrónicos, é recomendable facer ligazóns permanentes e directas do Campus Virtual a tales obras no catálogo da biblioteca.

Consellos que poden axudar:

A. Como buscar as obras da bibliografía recomendada dunha materia de estudo no catálogo Crunia da biblioteca? [+ info]

B. Como inserir en documentos ou no Campus Virtual ligazóns permanentes á lista da bibliografía recomendada dunha materia en Crunia? [+ info]

C. Como copiar de Crunia unha referencia bibliográfica nun determinado estilo de citación? [+ info]

D. A onde podo acudir de forma rápida se teño dúbidas á hora de citar unha monografía en internet, unha páxina web, unha base de datos, etc. en Vancouver? E en APA?

E. Como inserir en documentos ou no Campus Virtual ligazóns permanentes ás obras existentes en Crunia? [+ info]

F. Que navegadores son os máis axeitados para o acceso aos libros electrónicos de Crunia? Mozilla Firefox e Microsogt Edge.