PREPARACIÓN DO TFG

A Biblioteca Universitaria de Oza organiza obradoiros de formación orientados a estudantes da UDC que estean a preparar o traballo fin de grao ou mestrado en ciencias da saúde.

No obradoiro coñecerás as principais fontes de información en ciencias da saúde, aprenderás trucos para realizar buscas bibliográficas de calidade, xestionarás e organizarás os resultados das túas buscas, crearás alertas bibliográficas para estar ao día, elaborarás bibliografías en formato Vancouver... entre outras cousas.

duración dos obradoiros será de 6 horas presenciais en dous días, e de 4 horas non presenciais utilizando a plataforma de telensino Moodle. Ao terminar o curso completo entregaráse un certificado oficial.

Para apuntarse nun obradoiro recoméndase xuntar un grupo de persoas, mínimo de cinco e máximo de dez, e solicitar na propia Biblioteca ou a través do enderezo electrónico biblioteca.oza@udc.gal a realización dun obradoiro nas datas desexadas. Tamén é posible anotarse individualmente nunha listaxe de agarda á espera dalgunha convocatoria.

Guía de apoio
[infoguía do Servizo de Biblioteca]

Máis

Ferramentas 2.0


Máis

Guía para a preparación do TFG [castelán]

Máis

Presentacións con estilo
[castelán]

Máis

Vancouver

Máis

Xestores bibliográficos

Máis