SERVIZOS DE APOIO Á INVESTIGACIÓN

A Biblioteca de Oza proporciona servizos de apoio á investigación en catro ámbitos de actuación: publicación, autoría, acreditación e tradución. Estos servizos solicítanse de xeito presencial no despacho da Biblioteca, a través do teléfono +34 881 015 944, ou a través do correo electrónico biblioteca.oza@udc.gal.

PUBLICACIÓN

Publicar os resultados da investigación é unha parte necesaria do proceso científico. A Biblioteca axuda aos investigadores a:

  • Escoller as revistas máis axeitadas tendo en conta a súa temática, factor de impacto ou tempos de resposta e publicación. [+ info]
  • Difundir os datos da investigación mediante o seu depósito na comunidade da UDC no repositorio europeo Zenodo. [+ info]
  • Informar sobre os acordos transformativos que permiten a publicación en acceso aberto de balde. [+ info]

IDENTIFICADORES

Para mellorar a visibilidade da produción científica cómpre que os investigadores teñan en conta o xeito no que asinan os seus traballos, e que manteñan actualizados os seus perfís de autor. A Biblioteca pode axudar con:

  • sinatura científica e a filiación institucional, que debe seguir as recomendacións publicadas pola FECYT e a instrución para os autores sobre a filiación institucional da UDC. [+info]
  • A creación e mantemento do perfil de investigador en ORCID, que proporciona un identificador único e persistente. [+ info]
  • A creación doutros perfís de investigador en plataformas como Scopus, Web of Science, Dialnet ou Google Scholar. 

ACREDITACIÓN E SEXENIOS

A Biblioteca pode orientar os docentes e investigadores nos procedementos establecidos pola ANECA (Agencia Española de Evaluación de la Calidad y Acreditación) para:

  • Solicitaren a acreditación das persoas aspirantes aos corpos docentes de funcionarios e contratados.
  • Solicitaren os tramos de investigación (sexenios)

[+ info]

SERVIZO DE TRADUCIÓN

A Biblioteca oferta un novo servizo de tradución automática de documentos dirixido ao PDI da UDC.  As traducións son realizadas por medio de DEEPL PRO, ferramenta informática que usa a intelixencia artificial para conseguir traducións de alta calidade entre 27 linguas. 

Usando DEEPL PRO pódese, por exemplo, acceder ao contido de artigos escritos orixinalmente en linguas pouco coñecidas aquí, como por exemplo o alemán,  o ruso ou o xaponés; ao tempo que podemos conseguir versións de boa calidade en inglés, por exemplo, de documentos dos que sexamos autores. 

DEEPL PRO soporta múltiples formatos de ficheiros, entre os que están WORD e PDF, (aínda que é recomendable usar ficheiros de texto, por exemplo WORD). 

Se quere utilizar o servizo de tradución automática, envíe por correo electrónico o documento que desexa traducir ao enderezo biblioteca.oza@udc.gal, indicando a lingua para a que quere que sexa traducido, en menos de 24 horas devolverémoslle o correo co documento traducido.