Xestores bibliográficos

Os xestores bibliográficos son ferramentas informáticas que axudan a gardar e organizar as referencias bibliográficas e os documentos asociados froito dunha búsqueda en bases de datos, catálogos ou Internet. Ademáis, os xestores bibliográficos teñen a capacidade de asociarse con programas de procesamento de texto que permiten elaborar bibliografías en diferentes formatos de xeito automático, ou semiautomático.

Os xestores bibliográficos máis populares son RefWorks, EndNote, Mendeley e Zotero. A escolla dalgún deles dependerá de varios factores, tendo en conta que, aínda que semellan ser moi distintos, fan as mesmas tarefas. Esos factores refírense ao tipo de formato (libre ou restrinxido a usuarios da universidade), á facilidade de uso, ao fluxo de traballo que xeneran ou a posibilidade de personalizar os formatos bibliográficos.

 

Para poder usar RefWorks é necesario ser membro da Universidade da Coruña e ter unha conta individual rexistrándose como usuario co correo electrónico institucional @udc.es. Dito rexistro realizarase a través do seguinte enderezo web: https://refworks.proquest.com/

Importante: a primeira vez que creemos unha conta en RefWorks debemos estar conectados á rede da Universidade da Coruña. Unha vez rexistrados, poderase utilizar dende calquera ordenador conectado a Internet.

RefWorks funciona como un xestor bibliográfico en liña, que ten como principal vantaxe respecto aos seus competidores o feito de ser o único xestor que ten a posibilidade de editar os formatos bibliográficos, ou dito doutro xeito, poder cambiar o elemento de cita (parénteses no caso de Vancouver que pódense cambiar a superíndices, por exemplo), ou os campos que deben aparecer nas referencias (como o DOI, por exemplo).

RefWorks utiliza o plug-in "Proquest" para traballar con programas de procesamento de texto como Word (en varias versións), Mac ou Google Docs; así como o marcador "Save to RefWorks" para capturar rexistros desde calquer navegador web.

Máis información: Guía de inicio rápido en RefWorks 2.0

EndNote basic é o xestor bibliográfico baseado en web que proporciona a base de datos Web of Science a través da FECYT. Para traballar con EndNote cómpre rexistrarse na pantalla principal da Web of Science.

O feito de traballar cóbado con cóbado con Web of Science é o principal atractivo para moitos investigadores que utilizan WoS como fonte principal de información. Unha característica especial de EndNote é "Match", unha funcionalidade que permite atopar as revistas máis axeitadas para publicar un traballo de investigación introducindo o título e o resumo do traballo.

EndNote utiliza o plug-in "Cite While You Write" para traballar con procesadores de texto como MsWord e Mac; e o marcador "Capture Reference" para capturar contidos web en navegadores como Firefox, Chrome, Explorer ou Safari.

Máis información: Presentación de EndNote

Mendeley é o programa de xestión bibliográfica de Elsevier, a mesma empresa que produce a base de datos Scopus. Para poder traballar coa versión de balde de Mendeley cómpre abrir unha conta na súa páxina web, ou empregar a conta de Scopus, se fóra o caso.

O fluxo de traballo en Mendeley vai dende a recompilación de rexistros e documentos a través da versión en liña ata o Mendeley Desktop, un programa local que debemos instalar no ordenador persoal, e que ten que estar sincronizado coa versión en liña. Para que Mendeley Desktop poda traballar con procesadores de texto coma Ms Word ou Libre Office cómpre a instalación do plug-in "Citation Plugin".

Mendeley ten un manexo doado, en parte grazas a "Web Importer", un plug-in que funciona principalmente con Firefox e Chrome, e que permite capturar referencias bibliográficas de bases de datos e páxinas web con facilidade e fiabilidade. Esto fai de Mendeley o xestor bibliográfico idóneo para todos aqueles que comenzen a sú labor investigadora.

Máis información: Mendeley, guía rápida (producida pola Biblioteca Universitaria de Oza)

Zotero é un xestor de bibliografía gratuíto elaborado con software libre que se integra na web e que funciona como complemento ou extensión do navegador Mozilla Firefox. Para utilizalo con outro navegador, a súa versión Zotero Standalone permite ser instalada como aplicación independente de Firefox.

Máis información