RUC [acceso libre]
O RUC (Repositorio da Universidade da Coruña) é un repositorio de acceso aberto creado para difundir e preservar os documentos dixitais derivados da actividade investigadora, docente e institucional dos membros da UDC.
No RUC deposítanse os traballos académicos relacionados cos graos e mestrados que se ensinan no Campus de Oza, e os traballos de investigación publicados polos grupos e unidades de investigación adscritos ao Campus, así como os traballos publicados polos investigadores da Universidade que traballan no INIBIC (Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña).
ZENODO [acceso libre]
Zenodo é un repositorio aberto recomendado para os investigadores depositaren os datos da súa investigación de xeito moi sinxelo. A UDC dispón dunha comunidade propia en Zenodo.
Máis información sobre a xestión dos datos en: https://infoguias.biblioteca.udc.es/xestion_datos