Colección

A Biblioteca ofrece servizos de apoio á actividade docente e investigadora da Escola e para elo dispón dunha colección bibliográfica accesible na súa maior parte en libre acceso.

Para atopar os recursos nos andeis podes usar:

Na sala de lectura atoparás unha selección de obras recentemente adquiridas e que tamén podes levar en préstamo. Estas novidades publícanse de forma periódica na conta que a nosa Biblioteca ten en Instagram.

 

 

Na colección destaca a bibliografía recomendada

Na hemeroteca ofrecemos revistas especializadas e algunhas contan tamén con versión electrónica. Podes consultar estes documentos:

En Crunia (catálogo en liña) atoparás revistas especializadas do teu interese, por exemplo, sobre Enxeñaría oceánica e outras materias.


A Biblioteca da UDC ofrece acceso a bases de datos de especial interese para as nosas titulacións:   multidisciplinares (AENORmás normas UNE, etc.) e especializadas en Enxeñaría (IEEE Xplore, Engineering Source, etc.) ou Química (Analitical Abstracts, CSD, etc.).

 

Outras publicacións especializadas

Temos publicacións da Organización Marítima Internacional (OMI/IMO), convenios como MARPOL, SOLAS, os cursos modelo, etc., e monografías técnicas do Admiralty  ou de The Nautical Institute (Reino Unido). Dispoñemos de publicacións do Ministerio de Defensa como o Almanaque náutico ou o Anuario de mareas.

Contamos tamén con cartas náuticas, a súa maioría de consulta en sala, que podes localizar no catálogo en liña (as súas signaturas topográficas comezan por MAPA/528).

 

 

 

 

 

 

Ademais, a colección conta con publicacións de soporte ás probas orais e escritas do estándar Marlins, que realiza a nosa Escola como centro pioneiro en España. Son probas que sirven para acreditar o dominio do inglés do persoal a bordo de todo tipo de buques.

Estas obras adoitan figurar como bibliografía recomendada nas materias de grao de Inglés.