 Pequenos lectores, grandes pensadores
Pequenos lectores, grandes pensadoresdecembro 2016-xaneiro 2017
Con esta exposición pretendemos facer a nosa pequena homenaxe á riqueza da literatura infantil galega, pois sabemos que os nenos que hoxe len serán os pensadores do mañán.
 No 2016 na lembranza
No 2016 na lembranzaxuño-setembro 2016
Non queríamos que a celebración do IV centenario de Cervantes e Shakespeare eclipsara outros centenarios (da súa morte ou nacemento) de grandes escritores: Jack London, Antonio Buero Vallejo, Camilo José Cela, Charlotte Brontë, Rubén Darío, Roald Dahl, Giorgio Bassani... Así que durante todo o verano decidimos lembralos expoñendo as súas obras na biblioteca.
 Día das Letras Galegas 2016: Manuel María
Día das Letras Galegas 2016: Manuel Maríamaio 2016
Dramaturgo, ensaísta, narrador e, sobre todo, poeta. Este é Manuel María Fernández Teixeiro, con méritos máis que sobrados para dedicarlle este ano o Día das Letras Galegas e a nosa biblioteca unha exposición coas súas obras.
 Cervantes e Shakespeare
Cervantes e Shakespeareabril-maio e setembro-decembro 2016
Dous dos máis grandes escritores da literatura de todos os tempos, o español Cervantes e o inglés Shakespeare, un ao lado do outro na exposición que conmemora o 400 aniversario da morte de ambos.
 Irmandades da Fala : voces de hoxe
Irmandades da Fala : voces de hoxeabril 2016
O 18 de maio de 1916, os irmáns Villar Ponte convocaron unha asemblea na Real Academia Galega da Coruña, á que asistiron intelectuais como Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, e Francisco Tettamancy, entre outros. Alí naceu a primeira das Irmandades da Fala, organización nacionalista galega activa ata 1931 que tería como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua e cultura de Galicia , desenvolvendo unha importante labor literaria e política. Este ano conmemoramos o seu centenario con esta exposición na biblioteca.
 Partilla Rosalía
Partilla Rosalíafebreiro-marzo 2016
Rosalía de Castro como matriarca das letras galegas pero tamén como pioneira das mulleres que fixeron e fan poesía en galego. Ambos aspectos queríamos remarcar nesta exposición, inaugurada o 24 de febreiro, día de Rosalía; por iso mostramos os seus escritos e os ensaios que intentan explicar a súa obra, pero ademáis unha escolma de poetisas galegas das últimas décadas que seguen o camiño que ela comezou.
 Letras de Entroido
Letras de Entroidofebreiro 2016
Chegou o Entroido, así que rebuscamos na nosa colección e atopamos obras literarias e ensaios que falan desta festa, libros de cociña con receitas típicas, carteis e apropósitos (pequenas pezas teatrais) típicos do Entroido coruñes. Todo iso podedes ver estes días na biblioteca.