Os profesores funcionarios das universidades públicas españolas, os investigadores do CSIC, ademáis dos profesores contratados con vinculación indefinida en universidades públicas e privadas, sempre que estas institucións teñan firmado o correspondente convenio co CNEAI.
Non é necesario ser doctor.
Publícase no BOE unha convocatoria anual cos procedementos e prazo de presentación de solicitudes de evaluación da actividade investigadora a CNEAI, xeralmente a finais de novembro ou principios de decembro do ano en curso.
Nombramento de Comités Asesores da Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora.
Prazo de presentación dende o 13 de xaneiro de 2024 ao 03 de febreiro de 2025. Sede electrónica ANECA
A solicitude faise a través da Aplicación telemática do Ministerio.
Presentación de solicitudes Sexenios 2024
Tárdase en cubrir os datos entre uns 20-30 minutos, sempre que se teñan preparados de antemán. Hai que ter en conta especialmente:
Recoméndase escoller o campo que máis se axuste ao perfil das publicacións presentadas. O normal é que o profesorado da Escola móvase entre os campos:
Campo 6.3. Arquitectura, Enxeñería Civil, Construción e Urbanismo.
Campo 10. Historia e Artes.
Campo 7.1 Ciencias Sociais e Estudos de Xénero.
Cada un destes campos ten uns criterios específicos bastante diferenciados, polo que é importante analizalos ao detalle para optar por aquela solución que favoreza unha avaliación positiva das nosas aportacións.
Débese seleccionar un período mínimo de 6 anos. Estes non teñen que ser consecutivos. Tampouco é necesario ter publicado algo en todos os anos escollidos. O que sí é imprescindible é que para todo o período o investigador tivo que ter vinculación investigadora coa institución (ou con algún outro centro de I+D). O primeiro ano seleccionable é o de licenciatura.
É importante coñecer que non se poden escoller períodos anteriores aos dunha solicitude anterior xa presentada. En caso de denegación, pódense rescatar hasta tres anos daqueles denegados (nunca doutros anteriores) e engadir tres anos posteriores do novo tramo.
Pódense solicitar varios tramos de investigación ao mesmo tempo, aínda que non é o máis recomendable, xa que coma vimos, a denegación dun período intermedio faría irrecuperable aqueles anos para solicitudes posteriores.
O máis oportuno é axustarse ás tipoloxías documentais señaladas polo CNEAI coma ordinarias. Normalmente son preferibles os artigos é as monografías aos capítulos de libro. Para algúns campos non se teñen en conta os traballos presentados a congresos, aínda que logo fosen publicados coma libros.
Para áreas de perfil artístico ou técnico (como é a nosa de Arquitectura ou Arte) aconséllase que a maior parte das aportacións sexan de tipo académico (libros e artigos), deixando a un lado as de carácter máis subxectivo coma pezas de arte, proxectos arquitectónicos ou participacións en exposicións.
Podedes ver no seguinte enlace os criterios específicos por campos para a última convocatoria :
Criterios específicos aprobados para cada un dos campos de evaluación. BOE 19-12-2024
Real Decreto 1086/1989, de 28 de agosto (regula o marco xeral da evaluación dos sexenios de investigación)
Disposición final vigésima sexta de la Ley 22/2013, de 23 de diciembre, de Presupuestos Generales del Estado para el año 2014, onde se fixa o silencio negativo para a resolución dos sexenios.
Real Decreto 310/2019, de 26 de abril, polo que se regula o réxime retributivo do persoal investigador funcionario das escalas científicas dos organismos públicos de investigación da Administración General del Estado e se crea a Comisión Evaluadora del Desempeño de la Actividad Científico-Tecnológica.
Orden CNU/1181/2019, de 3 de diciembre, pola que se establecen as bases para a evaluación do persoal dos organismos públicos de investigación.