Investigación na Arquitectura

A normalización da firma e a identificación única do autor

Veranse os principais criterios a seguir para normalizar a túa firma de cara a futuras publicacións, como obter un identificador ORCID (así como as súas ventaxas) ou como unificar a firma de todos os teus traballos en Google Scholar. Ler máis...

Sexenios

Aquí atoparedes información e consellos para a obtención dos tramos de investigación e impulsar a vosa progresión profesional. Ler máis...

Onde publicar

Nesta sección indagaremos arredor das principais estratexias de publicación: que editorial ou revista escoller, que pasos debemos seguir para maximizar as posibilidades de aceptación do manuscrito, etc. Ler máis...

Xestores de referencia

Confeccionar a túa bibliografía, manter unha base de datos personal, colaborar con outros científicos, manter un rol social activo dentro dunha línea de investigación... Aquí vos ensinaremos a como diferenciar e  escoller  a aplicación que máis se adapte as vosas necesidades. Ler máis...

Acceso aberto e o RUC

As axencias de finanzamento, os gobernos e as propias institucións están a presionar ao investigador para publicar os seus resultados de investigación (artigos, datos en bruto) en aberto. Aquí falaremos das revistas open access, dos repositorios temáticos e do RUC (Repositorio institucional da UDC). E por suposto, dos dereitos de autor. En construción.

Redes sociais científicas

Como nos poden axudar ResearchGate, Academia.edu ou Google Scholar Citations? Nesta sección presentamos un estado da cuestión. En construción.

Como citar

Citar correctamente é unha proba de honestidade e unha demostración de estilismo. Que se debe citar, que estilo se adapta ao meu traballo ou a publicación onde publico, etc., serán temas a tratar neste apartado. Guías UDC. Citas e referencias bibliográficas

Propiedade intelectual

As políticas de autoarquivo das revistas. Onde publicar. Adendas. Consecuencias legais ao subir os traballos ao repositorio da Universidade (RUC). En construción.