Identidade de autor e visibilidade da investigación

Situación actual. Riscos

No panorama actual, onde cada vez é máis difícil acadar unha carreira profesional estable ou obter financiación para a investigación, lograr unha alta visibilidade e impacto das túas achegas convírtese nunha peza chave de éxito. Encontrámonos dentro dun ecosistema dixital complexo e globalizado e, neste contexto, a correcta atribución e o recoñecemento do teu traballo son fundamentais e dependen de múltiples factores.

Sen unha estratexia axeitada, existe unha serie de riscos crecentes: que a túa produción científica poida quedar dispersa nas bases de datos internacionais, que sexa atribuída erroneamente a outros autores, que non chegue a ser tan visible como debera ou que non se contabilicen axeitadamente as túas métricas (citas, índice h).

Algunhas das razóns para que iso aconteza poden partir desde a primeira fase do proceso: a ambigüidade na firma escollida, os usos anglosaxóns na indexación de nomes hispanos, as variacións na firma ao longo do tempo ou a falta de normalización na filiación institucional, entre outros, son obstáculos comúns que poden afectar negativamente ao teu recoñecemento e aos procesos de avaliación (acreditacións, sexenios, financiación).

 

Como tomar o control? Extratexia persoal de identificación

A estratexia que aquí presentamos xira arredor de tres eixes ou obxectivos que impulsen a visibilidade e as citas e garanta o éxito profesional:

  • Asegurarmos unha correcta identificación tanto persoal como da nosa produción investigadora e ofrecer un punto central de consulta do noso currículo.
  • Maximizar a visibilidade persoal así coma a dos nosos traballos para optimizar a nosa presenza en internet.
  • Existen ferramentas que recollen parte do noso traballo e ofrecen métricas. É parte do noso traballo facilitar a avaliacion por parte dos distintos axentes do mundo científico (institucións, axencias de financiamento e gubernamentais) sabendo xestionar os nosos perfís nesas ferramentas para que a nosa produción científica non se disperse e os indicadores que se recollen nelas nos beneficien. 

 

Paso a paso
  • Normaliza a túa sinatura: É necesario establecer unha identificación de autoría unívoca a través da elección dunha sinatura académica normalizada e utilizala de forma consistente no tiempo nas túas publicacións.
  • Engade sempre a túa filiación institucional: Consígnaa correctamente. É un elemento imprescindible e obrigatorio. A forma desenvolvida e en galego da nosa institución é “Universidade da Coruña”
  • Selecciona cuidadosamente as canles de publicación. O medio de publicación escollido debe ser de calidade e preferentemente ten que permitir a publicación en aberto ou polo menos o arquivo en aberto en repositorios de maneira inmediata ou tras un embargo.
  • Deposita nun repositorio as distintas versións e outputs da túa actividade investigadora (desde o preprint á versión aceptada ou publicada, pasando polos conxuntos de datos asociados, o código software, etc.), para contribuír á ciencia aberta e mellorar a visibilidade (indexación en Google Scholar). Informa á biblioteca sobre cada unha das túas novas publicacións para que as subamos nós de maneira delegada no teu nome se o necesitas.
  • Avisa á biblioteca cando se publique algunha das túas monografías para adquirilas (podes doalas para acelerar o proceso) e poder as subir a Dialnet, o cal tambén mellora a visibilidade e posibilita a seu volcado no Portal da investigación.
  • Crea un perfil de ORCID (dni investigador) e manteno actualizado.
  • Realiza un mantemento do resto identificadores e perfís de autoría: As bases de datos donde se indexan os teus traballos xeran automáticamente uns perfís máis ou menos autoxestionables (en canto á información persoal e a reclamación/eliminación de traballos), ainda que ás veces necesitan mediación. Acostúmate a manter estes perfís actualizados, como mínimo os más importantes: Researcher ID (WoS), Scopus ID, Dialnet ID, ou mesmo Dimensions porque son fonte de alimentación do Portal da investigación de la UDC e porque ofrecen métricas valoradas nos procesos de evaluación da ciencia. Outros perfís interesantes para as métricas, ainda que secundarios, que reclamar e xestionar serían ImpactStory, Lens, OpenAlex ou Semantic Scholar. Ter perfil en Google Scholar é interesante tamén de cara á visibilidade.
  • Monitoriza que a información que aparece no Portal da investigación sexa correcta.
  • Promove a difusión dos teus traballos a través de redes sociais académicas.