Como cubrir a solicitude de sexenios

Na convocatoria figura, entre as bases específicas, información sobre como presentar a solicitude.

Podes consultar aquí un pequeno vídeo de xaneiro de 2024, no que se mostran as pantallas da aplicación que vos ides a atopar cando cubrades a solicitude de sexenios. Todas elas acompañadas polas recomendacións dun dos grandes especialistas na materia en España, Ángel Delgado da Universidad Pablo Olavide.

Para cada unha das 5 achegas tes uns campos para introducir os metadatos principais e, posteriormente, dous campos máis, cun máximo de 4000 caracteres para cada un (arredor de carilla e media):

  • Breve resumo: neste campo non se trata de engadir o resumo ou abstract da achega, senón de explicar brevemente, coas túas propias palabras e con evidencias como a achega contribúe ao progreso do coñecemento, o grao de orixinalidade da publicación e a túa contribución persoal ao traballo (CREdiT).

  • Indicios de relevancia e impacto: neste campo, engadiranse todos os indicios de relevancia e impacto científico ou social da achega, así como os correspondentes á ciencia aberta, tendo en conta os criterios e o baremos xeral. Tamén se recomenda poñer aquí o handle do repositorio para o acceso ao texto completo do traballo por parte do avaliador. 

 

Ademais, para todas aquelas publicacións que non estean depositadas en aberto nun repositorio (lembrade que o depósito nun repositorio institucional, temático ou xeral é un requisito obrigatorio para que a aportación sexa avaliada) hai un botón que permite subir o arquivo do traballo.