Especificacións da área de Dereito (campo 9) en función da normativa
- Número de achegas: Deberán presentarse 5 principais, que poderán acompañarse de 2 substitutivas, seleccionadas pola persoa solicitante. Excepcionalmente, o número de achegas poderá ser inferior se os traballos teñen unha relevancia extraordinaria e tiveron un alto impacto científico ou social (ou se no período sometido a avaliación a persoa solicitante xustificou debidamente situacións de permisos, violencia de xénero/terrorista ou baixas laborais).
Hai unha serie de documentos que se consideran achegas extraordinarias, o cal significa que teñen un valor complementario na avaliación e para o campo do dereito só se aceptará un máximo dunha achega. Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, se poderán valorar traducións, recompilacións lexislativas anotadas ou ditames e propostas lexislativas
- Sistema de publicación. As aportacións deben ter sido rexistradas ou publicadas, segundo a súa tipoloxía, nos anos que se van avaliar. Como novidade admítense, para o caso das revistas científicas, artigos publicados en novos sistemas coñecidos como publicación continua (forthcoming, online first, in press, etc.), coa obligatoriedade de presentar o identificador persistente (DOI, Handle… ou, en xeral, unha URI/URL única permanente) da dita publicación.
- Depósito nun repositorio. Tanto as 5 achegas principais como as 2 substitutivas teñen que estar depositadas nun repositorio (institucional, temático ou xeneralista) para fomentar o acceso aberto. Iso proporcionará aos autores o identificador persistente (handle, DOI…) que esixe a convocatoria. Como mínimo, cómpre depositar a versión aceptada dos documentos, que poden arquivarse en acceso aberto, embargado ou só os metadatos en función das licenzas asinadas polas editoriais. No caso dos conxuntos de datos, deben cumplir os principios FAIR para ser valorados.
- Contido. Con carácter xeral, no campo 9 de Dereito, valoraranse aquelas achegas que desenvolvan novas perspectivas do pensamento xurídico; as que supoñan investigacións orixinais sobre a evolución histórica, social ou cultural das normas; os estudos e traballos de política xurídica e aqueles que introduzan propostas relevantes de perfeccionamiento das normas en relación co Dereito interno ou internacional; os que acheguen coñecementos e instrumentos conceptuais e analíticos para mellorar a eficacia das normas xurídicas e o cumprimento dos seus obxectivos, así como as análises que ofrezan solucións a problemas de interpretación, lagoas e contradicións do ordenamento xurídico español ou internacional; as análises de xurisprudencia que se baseen en decisións xurisprudenciais sobre un tema ou temas conexos, que teñan por obxecto esclarecer os criterios de actuación dos tribunais e a súa evolución, así como os comentarios propositivos sobre sentencias especialmente relevantes para o entendemento e posterior aplicación do Dereito; e as obras xerais que se recoñezan como de referencia contrastada dentro da disciplina ou supoñan un progreso na organización dun campo temático pouco estruturado
- Calidade da achega. As achegas só serán valorables se contribúen ao progreso do coñecemento e presentan impacto científico ou social. A avaliación aplicará métodos cualitativos e indicadores cuantitativos (preferentemente indicadores bibliométricos normalizados) utilizando como base a bibliometría narrativa achegada polo solicitante, onde se defenderá:
- O impacto científico da achega a través de:
- Citas recibidas contextualizadas excluíndo autocitas
- Proxección nacional e internacional
- Proxectos nacionais ou internacionais que financiaron a investigación ou que se derivaron dela
- Cumprimento de estándares de ética e integridade na investigación
- Premios recibidos
- Traducións da obra, entre outros
- Reseñas recibidas en revistas científicas especilizadas no caso de libros e capítulos.
- Adicionalmente valórase positivamente a publicación en aberto de artigos en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe
- A indexación nun determinado repertorio bibliográfico ou base de datos pode servir como argumento complementario na defensa da narrativa, pero non serve para valorar positivamente de maneira automática sen ter en conta a calidade intrínseca do contido.
- O impacto social, por exemplo, a través de;
- Contribucións ao deseño e implementación de políticas públicas
- Contribución ao desenvolvemento de solucións a problemas sociais, ou calquera outro aspecto que se considere relevante.
- Calidade do medio.
- Valóranse aquelas achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de recoñecido prestixio, ou naquelas que recibiran un selo ou recoñecemento de calidade por un organismo independente.
- Libros e capítulos. Valórase o prestixio da editorial, editoras/es, a colección na que se publica a obra e se a colección ou o libro obtivo algún selo de calidade outorgado por unha institución de recoñecido prestixio.
- Penalizacións. Este novo baremo penaliza gravemente malas prácticas do ámbito editorial, entre elas:
- Reiteración de publicacións nas mesmas revistas ou editoriais científicas, particularmente en números especiais. Enténdese como reiteración a publicación de 3 ou máis achegas no mesmo medio salvo que estea xustificado na narrativa. Penaliza como exclusión da aportación.
- Conflito de interés editorial que implique relación dos autores co comité editorial que comprometan a obxectividade e a calidade da avaliación. Un exemplo disto sería a participación en volumes publicados ou números especiais sendo á vez autor e parte do comité editorial. Penaliza como exclusión da achega.
- Malas prácticas de publicación (duplicación de contidos, tradución de obra propia, plaxio, alteración de datos, sofrer retractación…). No caso de retractacións, as comprobacións faranse en bases de datos como https://retractiondatabase.org/. Penaliza como exclusión da achega.
- Procesos de revisión non contrastables que impliquen a publicación en medios que practican unha revisión por pares deficiente, periodos de aceptación moi breves de maneira inxustificada, etc. Pode implicar a aplicación dun coeficiente de -25% a -100% na achega afectada.
- Autoría. O solicitante debe xustificar unha participación activa na obra que postula e especificar o seu rol na súa elaboración. Esta información deberá presentarse, como mínimo dentro da narrativa, seguindo a taxonomía CRediT. Segundo o baremo publicado, unha autoría insuficientemente xustificada restaría un 15% na puntuación da aportación.
- Incompatibilidades: As achegas que se presenten a un sexenio de investigación non poderán presentarse a unha posterior convocatoria de sexenios de transferencia.