Os indicios de calidade ao nivel da achega tratan de determinar a importancia dunha publicación no contexto da súa disciplina. Para iso, establecen varias dimensións: a dimensión das citas, a dimensión do uso e a lectura, e a dimensión da influencia, utilización e/ou adopción social.
Estas son algunhas das fontes que podes utilizar para obter os ditos indicadores:
Lembra que algúns destes datos, os máis importantes, podes obtelos (de existir) de maneira sinxela no Portal da investigación da UDC, consultando cada unha das achegas (visita o teu perfil, apartado Resultados, despregando os Indicadores (premer en Ver indicadores).