Baremo xeral: apartados que se valoran

Como explicamos no apartado de novidades nos criterios de avaliación da actividade investigadora, estes últimos anos produciuse unha unificación coa finalidade de establecer parámetros homoxéneos. De aí que se publicase un Baremo único de aplicación na avaliación da actividade investigadora polos comités asesores que substitúe os baremos específicos de cada campo.

 

Neste apartado non se requiren ferramentas para recompilar datos. É o solicitante, como especialista na materia, quen proporcionará o argumentario para cada un destes criterios.

 

1. Grao de orixinalidade e innovación

Valórase a xustificación que a persoa solicitante faga na súa narrativa do interese e da orixinalidade do tema abordado na investigación, así como da innovación ou a creatividade da solución proposta a un problema identificado. Na narrativa deben indicarse os problemas estudados, a súa relevancia e o debate científico existente, ao que a achega contribúe. Por tanto, débense excluír traballos puramente descritivos, recompilacións bibliográficas sen revisión analítica, reimpresións, traducións sen aparello crítico, etc.

 

2. Prioridade temática

Valórase a xustificación que a persoa solicitante faga na súa narrativa do reto de investigación afrontado na achega. Tamén poderán incluírse referencias á existencia de liñas de financiación pública, á temática abordada (convocatorias rexionais, estatais ou internacionais), ao aliñamento con obxectivos de desenvolvemento sostible, ou a que o tema abordado resulte estratéxico ou de especial interese para un territorio ou sector específico.

No portal da investigación da UDC recóllese para cada traballo, de existir, o dato do aliñamento cos obxectivos de desenvolvemento sostible, se a investigación recibiu financiamento público ou foi publicado utilizando os Acordos transformativos.

 

3. Aportación metodolóxica

Valórase a xustificación que a persoa solicitante faga na súa narrativa do desenvolvemento de novos enfoques metodolóxicos para enfrontar retos ou problemas relevantes do área ou campo de coñecemento, ben propoñendo novos métodos ou procesos, ou ben avaliando e mellorando os xa existentes.

 

1. Uso da achega

Valórase o uso da contribución, por exemplo, a través das lecturas, visualizacións ou descargas que rexistrara en plataformas académicas (plataforma editorial, repositorio institucional ou temático, congreso científico, etc.). Na narrativa, ademais do dato específico, é conveniente poñer en valor (se é relevante e se dispón da información) os países ou cidades desde onde se utilizou a achega.

Este apartado está especialmente indicado no caso de conxuntos de datos e software, a falta doutro tipo de indicadores/datos.

Fontes para recoller datos de uso

 

2. Citas recibidas pola achega

Valórase o total de citas recibidas pola achega —excluíndo as autocitas da persoa solicitante—, así como a súa procedencia (de autorías, fontes ou publicacións relevantes) ou dándolle relevancia ás citas recibidas no primeiro/último ano. Valórase igualmente a achega de indicadores normalizados (por exemplo, citación normalizada, percentís).

Fontes para recompilar citas e indicadores normalizados

 

3. Calidade do medio de publicación/difusión/exhibición

Valórase a calidade e o recoñecemento do medio no que se publicou ou difundiu a achega (editoriais, revistas, festivais, museos, salas de exhibición, proxectos, etc.). Isto inclúe a obtención de selos de calidade, de cumprimento de estándares, a internacionalización dos comités editoriais ou de selección, do comisariado, etc. Non se considerarán achegas válidas os libros e capítulos de libros autopublicados ou financiados pola persoa solicitante sen o concurso de procesos de avaliación dos manuscritos orixinais a través dos procedementos comúnmente recoñecidos.

Este apartado está especialmente valorado no caso de exposicións e creacións artísticas.

Fontes para consultar información sobre a calidade do medio

 

4. Impacto científico do medio de difusión

Valórase o impacto científico obtido polo medio de difusión no ano da achega (editorial, revista, congreso, etc.). Refírese á visibilidade dun medio de difusión a partir do impacto científico das súas publicacións individuais e baséase na posición relativa dun medio de difusión en listaxes ordenadas por índice de impacto.

Na narrativa ten que se indicar non só o índice de impacto seleccionado, senon tamén a posición relativa na listaxe anual con respecto aos outros medios e a posición agrupada por decil, tercil, cuartil ou percentil, etc.

Fontes para obter datos sobre o impacto científico do medio

 

*Este apartado non se terá tan en conta no caso de achegas extraordinarias (o que non son artigos, capítulos e libros) debido á falta de recursos que ofrezan datos para este tipo de materiais especiais.

Outros indicios: achegas vinculadas a proxectos de investigación obtidos en convocatorias competitivas, as teses doutorais ou as estancias de investigación ou artísticas, premios recibidos, traducións, reseñas en medios especializados, itinerancia de exposicións, etc.

Valoraranse as mencións ou referencias non académicas recibidas pola achega desde documentos de axentes sociais non académicos, por exemplo, documentos normativos, estándares, informes de políticas públicas, informes profesionais, guías clínicas, patentes, obras de referencia ou consulta e calquera outro documento relevante.

Valorarase o recoñecemento ou a aplicación que ese coñecemento científico e/ou resultado está tendo en ámbitos non académicos como na industria, a sociedade ou na Administración pública, os beneficios e trascendencia que xerou fóra da academia, a relevancia e o alcance das organizacións que fan uso destas achegas.

Como tamén se valora a contribución ao debate público informado, a colaboración social e a sensibilización sobre solución a retos sociais, teráse en conta a presenza en distintos medios de difusión como manifestacións artísticas, exposicións, noticias destacadas, sitios web, blogs profesionais, plataformas sociais, así como a audiencia (visitantes, espectadores, persoas usuarias) que interaccionen coa achega.

Fontes para obter datos sobre o impacto social da achega

1. Grao de apertura

A presencia nun repositorio, como mínimo na súa versión aceptada (postprint), é un requisito obrigatorio nas convocatorias, polo que o mero depósito da achega nun repositorio non se valorará por si mesmo neste apartado.

O qué si puntúa é o seguinte:

  • Lectura en aberto. O que si se terá en conta é que as contribucións poidan lerse íntegramente en aberto, ben na súa versión final, ben na aceptada sen maquetar (postprint) ou a maiores na versión preliminar sen revisar coñecida como preprint.
  • Que a publicación estea vinculada a outras achegas en acceso aberto como conxuntos de datos, etc.
  • Depósito do preprint en repositorios temáticos (habitual en certas áreas, como serían e-Lis ou RePec).
  • A publicación en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe ou outras plataformas impulsadas por outras axencias de financiamento.
  • A publicación en plataformas de revisión por pares en aberto previa ou posterior á publicación: F1000research, Pubpeer, ScienceOpen.
  • Utilización de licenzas Creative Commons.
  • Publicación en revistas diamante, que non cobran taxas nin de lectura nin de publicación.
  • Tamén se valorará a contribución na achega de participantes non académicos e grupos sociais involucrados explícitamente na publicación. Un recurso útil para atopar este tipo de participantes útiles nos proxectos de investigación é Scistarter, que é unha base de datos centralizada que recolle proxectos de ciencia cidadá onde participan membros non académicos que colaboran con investigadores.

 

2. Conxunto de datos

Valórase que a achega inclúa un dataset, que se atope dispoñible en aberto con posibilidade para a súa descarga e que cumpla os principios FAIR que garanticen a súa reutilización e interoperabilidade.

O conxuntos de datos que acompañen unha publicación poden publicarse en Zenodo.

Lembra que a simple bibliografía do teu traballo, debidamente tratada grazas ao uso dun xestor bibliográfico, pode xerar un arquivo tipo .csv estruturado por campos e reutilizable, seguindo os principios FAIR, e que é susceptible de ser tratado como conxunto de datos e publicado nun repositorio, o cal pode sumar neste apartado.

A verificación do grao de cumprimiento destes principios pode facerse, en: F-uji; Fair-data-self-assessment-tool; Fair-checker, entre outros). Así mesmo, tamén se valora que este dataset, á súa vez, fora descargado, usado ou citado.

 

3. Software

Valórase que o software ou código que inclue a achega:

  • Supoña unha contribución ao software libre, cumprindo a definición publicada pola Open Source Initiative (https://opensource.org/osd/).
  • Que estea protexido por algunha das licenzas aprobadas por este organismo. (https://opensource.org/licences/), e que, por tanto, permitan a terceiras persoas reutilizalo e reescribilo, mellorando ou adaptando o software ás súas necesidades e intereses.
  • Que estea depositado nun repositorio de datos como GitHub.
  • O seu uso: que fora descargado, usado ou citado.

Outros indicios: pre-rexistro da achega, metodoloxía publicada en aberto, que a achega derive dun proxecto de ciencia ciudadana, etc.

Valórase o axuste da achega presentada ao sinalado como ‘achega preferente’ no apartado 1 de cada campo/subcampo na Resolución de criterios de avaliación da convocatoria vixente.

No caso de do Campo 9 (Dereito): artigo, libro e capítulo de libro.