Exposición "Mulleres nas Bibliotecas da UDC" (2015)

Neste taboleiro atoparedes as imaxes da exposición "Mulleres nas bibliotecas da UDC" 2015, onde homenaxeamos á artista galega Menchu Lamas, á mestra hindú Magan Kanwar e á fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson.

Exposición "Violencia de Xénero" (2015)

Neste taboleiro podedes atopar algúns dos documentos que temos na biblioteca sobre violencia de xénero, e que forman parte da exposición feita en novembro de 2015.

Exposición "Mulleres Premios Nobel" (2017)

Imaxes da exposición "Mulleres Premios Nobel", onde homenaxeamos ás 48 mulleres gañadoras do Premio Nobel ata hoxe (2017).

III Encontros: Mulleres escritoras, mulleres de cine

Jane Austen, Beatrix Potter, Virginia Woolf, Karen Blixen, Concepción Arenal e Clara Campoamor foron escritoras inconformistas nuns tempos nos que as mulleres víanse relegadas ás tarefas do fogar ou a traballos considerados "propios do seu xénero". Das súas vidas, obras e mailo seu legado falamos nos III "ENCONTROS NA TERCEIRA PLANTA - PATÍN DE CINE E LECTURA", unha actividade coa que queremos darvos a coñecer dunha maneira máis distendida e participativa o noso fondo documental.