PDI / Doutoramento

A biblioteca ofrece un servizo de asesoramento e apoio á investigación á comunidade universitaria da UDC. Este servizo préstase baixo demanda, para o cal se pode contactar coa biblioteca de maneira presencial, por teléfono (881 013 602) ou a través do correo electrónico (biblioteca.patin@udc.gal).

O asesoramento inclúe cuestións tales como:

  • Normalización do nome nos perfís de investigación (ORCID, WoS, Scopus, etc.)
  • Estratexias de publicación
  • Mellores revistas para publicar (índices de impacto)
  • Axuda para a acreditación e avaliación da actividade investigadora / sexenios (indicadores bibliométricos)
  • Como depositar no RUC
  • Acceso aberto

Na páxina do Servizo de Biblioteca ofrécese unha selección de recursos de apoio á investigación, así como as guías de investigación (Infoguías), con información actualizada sobre todas estas cuestións.

 

Estudantado

A biblioteca tamén ofrece asesoramento ao alumnado de calquera titulación e curso sobre cuestións relacionadas con:

Para calquera outra cuestión se pode contactar coa biblioteca de maneira presencial, por teléfono (881 013 602) ou a través do correo electrónico (biblioteca.patin@udc.gal).