Proxectos

Fin de grao, fin de máster e fin de carreira

(c) Gerd Altmann en Pixabay

A biblioteca de Camiños almacena os proxectos realizados na Escola desde 1996 ata agora. Os proxectos máis antigos están en papel. Os proxectos de fin de grao están dispoñibles en CD (até febreiro de 2020, inclusive), en liña no RUC (repositorio da UDC), e tamén no servidor da Escola (accesible desde un dos ordenadores da nosa biblioteca, pregunta no mostrador). Podes atopalos todos no catálogo.

Os proxectos non se prestan, só se poden consultar dentro da nosa biblioteca.

Se queres consultar proxectos por materia, podes facelo clicando nas iconas por titulación que aparecen nesta páxina, ou entrando no Pinterest. O Pinterest ofrece unha imaxe indentificativa de cada proxecto e un enlace ao catálogo da biblioteca, onde podes ver un resumo do seu contido.

 

Proxectos en CD-ROM

Se buscas un proxecto en CD-ROM dunha autoría ou dun título determinado, entra no catálogo.

Para pedilo no mostrador, anota a súa signatura (RPCD + número). Podes ver un exemplo nesta ligazón: proxecto no catálogo.

Só se permite ver un proxecto de cada vez, pero pódense consultar todos os que sexan necesarios.

 

Proxectos en papel

Só se poden consultar por unha causa xustificada porque non están físicamente na biblioteca (por iso non aparecen nas listaxes da nosa web).

Son os proxectos máis antigos. Encontraralos no catálogo coa signatura RPC + número: exemplo.

Se che interesa algún, solicítao no mostrador da biblioteca. Teralo dispoñible ao día seguinte da túa solicitude.