Cartografía dixital

Mapas para proxectos

Se vas facer o proxecto fin de grao/máster, podes descargar a cartografía en 2D desde a seguinte web: http://mapas.xunta.gal/visores/descargas/

 
captura_xunta
 
Unha vez aí, seleccionarías a serie cartográfica 5000 (DGN), marcarías a base topográfica 2003, e na lupa podes buscar por lugar.
 
Se pinchas enriba do mapa, dache a opción de descargar un .zip con todas as follas da sección que che interese (cada folla correspondería ao numeriño que aparece en cada cadro, obviando o guión (exemplo: zona 044, folla 1-2= folla 12 da zona 44).
 

Solicitude dos mapas na Biblioteca

 
Se tes aprobada a proposta do proxecto, podes solicitar na biblioteca os mapas topográficos de Galicia da escala 1:5000 en 2D e 3D e os núcleos urbanos da escala 1:2000 que necesites. Terías que ver antes cales son os que precisas, a través de http://mapas.xunta.gal/visores/descargas/, para incluír o número na túa solicitude desta maneira: para solicitar os mapas 16 e 17 da folla 95, indicaríalo así "095-16 ; 095-17".
 

Non esquezas traer unha memoria USB para que poidamos gravar os mapas.

Formulario para solicitar os mapas no mostrador de préstamo