Mapas

(c) lance87 en Pixabay

A biblioteca dispón dunha colección de mapas en papel, de distintos tipos (topográficos, xeolóxicos, de estradas…) e de distintas escalas, case todos eles de Galicia.

Consulta aquí o catálogo de mapas. Este catálogo tamén se pode consultar en papel no mostrador da biblioteca.

Ademais contamos cunha pequena colección de mapas dixitais (escalas 5.000 e 2.000) dalgunhas zonas da provincia da Coruña.

Para elaborar o traballo fin de grao/máster, ofrecémosche cartografía dixital da zona de Galicia.