Colección

Na biblioteca de Camiños atoparás unha serie de recursos de utilidade para os teus traballos de clase, as túas prácticas e proxectos, e para completar os teus apuntamentos.

Contamos cunha ampla colección de libros e revistas, ademais de mapas (en papel e en CD) e proxectos de fin de carreira/grao/máster (PFC,/PFG/PFM) de anos anteriores.

A maior parte dos libros e revistas en papel están en acceso libre, polo que se poden consultar directamente colléndoos dos estantes.

Tamén temos outro tipo de materiais:

  • Cartas náuticas
  • Bases de datos de prezos da construción
  • Folletos
  • Fotos aéreas
  • Vídeos, CDs, DVDs e disquetes

Algúns libros e revistas, os mapas, os PFC/PFG/PFM, así como os últimos materiais citados, están en depósito; cando é así aparece indicado no catálogo da biblioteca coa ubicación "Camiños Depósito". Estes documentos hai que solicitalos no mostrador, onde os proporcionaremos inmediatamente para a súa consulta e/ou préstamo.