- Como sei que revistas ten a Biblioteca?
- Podo levar as revistas en préstamo?
- Como podo consultar as revistas electrónicas?
- Nas revistas electrónicas hai acceso a todos os números?
Como sei que revistas ten a Biblioteca?
A biblioteca dispón de revistas en papel e revistas electrónicas. Para saber se a Biblioteca ten unha revista determinada podes consultar o catálogo e buscar por título de revista. Asimesmo podes buscar se unha revista está en formato electrónico no buscador de recursos electrónicos.
Para consultar unha listaxe das revistas que temos na Biblioteca da Escola pica nos seguintes enlaces:
Revistas abertas en papel (revistas que recibimos actualmente)
Revistas pechadas en papel (revistas que deixamos de recibir)
Podo levar as revistas en préstamo?
Non, as revistas están excluídas do préstamo pero podes escanear os artigos na propia biblioteca ou ben sacalos a fotocopiar tras a presentación no mostrador da tarxeta universitaria.
Como podo consultar as revistas electrónicas?
Podes consultar directamente as revistas electrónicas se o fas desde algún dos ordenadores da rede da UDC e tamén desde o teu portátil se estás conectado a través de WI-FI. Para acceder desde fóra debes antes autenticarte como membro da UDC.
Busca a revista no catálogo da Biblioteca e preme no enlace “Texto completo” ou no botón SFX. Tamén podes buscar a revista no buscador de recursos electrónicos.
Nas revistas electrónicas hai acceso a todos os números?
A subscrición a unha revista electrónica non implica o acceso a todos os números desta que foron publicados. Ademais, hai editores que aplican un “período de embargo”, é dicir, non dan acceso aos últimos números publicados.
Tamén pode ocorrer que unha revista que comenzou a publicarse no ano 1991, por exemplo, só dea acceso a números publicados desde 1998 ata a actualidade.
Para acceder dun xeito rápido a esta información podes consultar a listaxe de revistas electrónicas. Están sinaladas cun punto verde aquelas revistas con acceso electrónico aos números publicados actualmente e a todos ou algún dos anos anteriores, e cun punto amarelo aquelas que si teñen período de embargo ou que deixaron de ter acceso electrónico nalgún momento.
Se non encontras o número de revista que necesitas, consulta no buscador de recursos electrónicos xa que hai títulos de revista aos que se pode acceder a través de distintos enlaces con distinto contido cada un deles.