É un código que indica onde están colocados exactamente os libros e o resto de materiais da biblioteca.
Vai pegada nunha etiqueta no lombo dos libros.
Consta de:
053
AYR
1
Na parte de arriba das estanterías aparecen dous números que coinciden cos dous primeiros números de cada signatura:
Como atopar un libro no estante?
Na biblioteca os libros están ordenados e agrupados pola materia da que trata cada un.
Os tres primeiros díxitos da signatura dun libro (ver Que é a signatura?) indican a un tempo a materia da que trata un libro e o estante no que está colocado.
Na parte superior de cada estante encontrarás os números das principais materias (ou seccións) e o que significan. Por exemplo, nos estantes que teñen enriba 01 están os libros de matemáticas.
Estas materias ou seccións principais subdivídense en submaterias máis específicas. Así, dentro da sección 01 (Matemáticas) están:
010 Obras xerais de Matemáticas
011 Álxebra
012 Cálculo …
En cada estante hai carteis que indican que materias atoparás neles.
Como se ordenan os libros no estante?
Ordénanse pola signatura (ver Que é a signatura?), na etiqueta do lombo de cada libro.
053
AYR
1
053
AYR
1
053 053 053 053 053 053
AYR BIR BOR BRI BRI BRO
1 1 1 1 1-C 1
032 032 032 032 032 032
BAS BAS BAS BED BED BED
1 1-C 2 1 2 3
056 056
PUE PUE
1 1
(I) (II)
112 112 112 112
ASP ASP ASP ASP
1 1-C 1-D 2 (este sería un libro diferente ou dunha edición máis recente, con cambios no contido)
A cor das etiquetas dos libros, que significa?
Etiqueta branca: Punto vermello: Etiqueta vermella:
Que é o préstamo de fin de semana?
Un préstamo que se permite só os venres ou véspera de festivos, para algúns libros, case sempre da bibliografía recomendada nalgunha materia. Así, no caso de que todos os exemplares que hai na biblioteca estean prestados, garantimos que sempre quede alomenos unha copia durante a semana, para permitir a súa consulta.
Préstanse os venres ou véspera de festivos a calquera hora e devólvense o luns ou ao dia seguinte ao festivo.
Cando un festivo coincide en xoves préstanse o mércores e devólvense o luns seguinte.
Cando un festivo coincide en martes préstanse o venres e devólvense o mércores.
As etiquetas destes libros levan un punto vermello:
Como renovar os libros que teño en préstamo?
Non se poden renovar os libros:
Podes facelo:
Na seguinte pantalla enchemos os datos que nos piden:
Ao pinchar no botón “Enviar” temos a opción de renovar os préstamos
Cal é o meu PIN para acceder aos meus préstamos na web da biblioteca?
O PIN para acceder á pantalla de renovación de libros ou ver os préstamos que tes, non é igual ao que usas para consultar o correo-e ou para conectarte a Internet por WIFI.
O PIN para utilizar estas opcións na web está formado por catro díxitos numéricos.
Se non o coñeces podes consúltalo en http://servizos.udc.es
Conéctate nesta páxina co teu usuario e contrasinal habituais e unha vez dentro:
Pinchamos en “recuperar o pin da tarxeta“ (por motivos de seguridade pediranos de novo o noso contrasinal).
Cantas veces podo renovar un préstamo?
Todas as veces que queiras, excepto que :
Hai sancións por retrasos na devolución?
Por cada dia de retraso en devolver ou renovar un libro, o programa de préstamo engade un punto de penalización ou demérito. Esto faino para cada libro, é dicir, se devolves dous libros con dous días de retraso, acumularás 4 puntos de penalización.
Os puntos vanse sumando con cada retraso acumulado e cando se chega a 10 puntos ou máis, esta acumulación supón un bloqueo da tarxeta, por tanto non poderás levar libros en préstamo.
Esta sanción dura tantos dias como puntos teñas acumulados.