Como podo saber que proxectos fin de grao hai na Bibioteca?
Podes consultar o catálogo da Biblioteca para buscar un proxecto en concreto. Anota a súa signatura (RPCD + número de orde, por exemplo: RPCD 121) para pedilo no mostrador ou solicitarnos consultalo no servidor (accesible desde un ordenador na biblioteca). Preme aquí para ver un exemplo.
Se queres consultar proxectos por materia, Pinterest ofréceche unha imaxe identificativa de cada proxecto e un enlace ao catálogo da biblioteca, onde podes ver un resumo do contido.
Tamén hai, na páxina web da biblioteca da escola, listaxes por título, materias e signaturas. Consulta na pestana PFG/PFM para ver mais información.
Recorda que todos os proxectos de fin de grao están subidos ao repositorio da UDC (RUC):
Podo levar en préstamo un proxecto?
Non, os proxectos fin de grao están excluídos do préstamo.
Tampouco se poden sacar fóra da biblioteca.
Recorda que todos os proxectos de fin de grao están subidos ao repositorio da UDC (RUC):
Que necesito para poder consultar un proxecto?
Para poder consultar os proxectos fin de grao precisas presentar no mostrador a túa tarxeta universitaria e pedir que che deamos acceso ao servidor, ou solicitar o CD do proxecto que necesitas polo seu número (ex. RPCD 450).
Recorda que todos os proxectos de fin de grao están subidos ao repositorio da UDC (RUC):
Onde podo consultar os proxectos?
Podes consultalos nalgún dos ordenadores que hai na biblioteca ou, no caso dos CDs, no teu portátil se o traes, pero sempre sen saír da sala.
Recorda que todos os proxectos de fin de grao están subidos ao repositorio da UDC (RUC):
Cantos proxectos podo consultar?
Podes consultar todos os proxectos que necesites pero, no caso dos CDs, sempre dun en un.
Recorda que todos os proxectos de fin de grao están subidos ao repositorio da UDC (RUC):
Si, son os proxectos máis antigos. A súa signatura comeza por RPC (ver exemplo). Non están físicamente na Biblioteca, por esta razón só se poden consultar por unha causa xustificada e non están dispoñibles no momento da solicitude senón ao día seguinte.