Faq alumnado

Preguntas máis frecuentes relacionadas con temas informáticos do alumnado

 __________________________________________________________________________________________

Como recuperar os datos da túa conta de Servizos: usuario o contrasinal

Se non recordas a contrasinal tes que solicitala, acreditando túa identidade, na administración do centro onde esteas matriculado.


Ir ao inicio

___________________________________________________________________________________________

É a primeira vez que me matriculo na universidade e quero crear a miña conta en Servizos. Que debo facer?

Unha vez matriculado, dispós dun código de Activación (isto imprimíchelo cun xustificante de matrícula). Conéctate á páxina web https://servizos.udc.es é /activacion/activacion-novo-usuario e sigue as instrucións que aparecen na páxina do código de activación.

Unha vez teñas o teu usuario poderás identificarte dende https://servizos.udc.es


Ir ao inicio

___________________________________________________________________________________________

É a primeira vez que me matriculo na universidade e non teño o código de activación

Unha vez matriculado, para recuperar o código de activación, deberás dirixirte á Secretaría de teu Centro. Alí imprimiranche unha folla co teu código de activación. Unha vez que te identifiques, segue as instrucións do parágrafo anterior para activarte.


Ir ao inicio

__________________________________________________________________________________________

Que debo facer para cambiar a clave de Servizos?

Podes cambiar a túa clave en Servizos cando queiras e as veces que queiras, pero isto afecta a todos os servizos: Moodle, Correo electrónico, Secretaría Virtual, wifi, AulasNet, etc.

Para cambiar a clave, entra en https://servizos.udc.es e no menú da esquerda, pincha en Cambio de contrasinal

Recorda que o cambio de contrasinal afecta a todos os servizos.


Ir ao inicio

__________________________________________________________________________________________

Erros durante o proceso de activación

Indicámosche os erros máis comúns no proceso de activación e como solventalos:

  • Cando estou creando a miña conta en Servizos dáme a seguinte mensaxe de erro:

 ERRO: “As credenciais que proporcionaches (a dirección de correo electrónico e o contrasinal) non son válidos. Asegúrate de que introduciches os datos correctamente e inténtao de novo.”

CAUSA: non se introduce correctamente o contrasinal da conta de correo ou non se está escribindo ben a conta de correo.


 ERRO: “O código de activación que introduciches non é válido. Pódelo intentar de novo. Lémbrate de introducir tódolos datos que se che solicitan e de indicar o documento e tipo de documento co que te matriculaches ou o que aparece non teu contrato.”

CAUSA: o código de activación que introduce non é correcto, non está ben xerado ou o documento asociado á conta de correo electrónico non é o mesmo que introduce o alumno. Isto último pódelo comprobar no centro onde estás matriculado.


 ERRO: “Os teus datos están incompletos. Este erro é debido á falta dalgún dato indispensable para a activación nos sistemas da UDC. Se é alumno podes poñerte en contacto coa área de Xestión Académica ou coa secretaría do teu centro para completar os teus datos.”

CAUSA: o alumno non está asignado en Xescampus a ningún centro da UDC. Comproba no teu centro se estás admitido.


 ERRO: “Os teus datos na área de Xestión Académica están incompletos. Este erro é debido á falta dalgún dos datos indispensables para a activación (p. ex. o nome, os apelidos, o documento de identificación, etc.) nas bases de datos da Área de Xestión Académica”

CAUSA: Falta algún dos datos obrigatorios en Xescampus: datos persoais, dirección de matrícula… Ou a matrícula do alumno está anulada. Comproba na administración do teu centro que todos os campos da matrícula están cubertos ou se tiveches unha anulación de matrícula debes regularizar a túa situación coa universidade.


 ERRO: “O usuario xa foi activado. O usuario que estás intentando activar xa foi activado con anterioridade. A activación dun usuario só se pode realizar unha única vez.”

CAUSA: Xa te activaches con anterioridade. Si non recordas o usuario ou o contrasinal acode á administración do teu centro para recuperalos.


 ERRO: “Non constas nas bases de datos da UDC. Este erro é debido á que non existe información túa nas bases de datos de alumnos e de persoal da UDC.”

CAUSA: o código de activación do usuario non se corresponde co documento e o tipo de documento que está usando. É posible que na matrícula esteas rexistrado cun documento distinto ao que estás empregando.


Ir ao inicio

___________________________________________________________________________________________

Outras consultas de servizos informáticos

Non podo entrar nos ordenadores da Aulanet

Para entrar nos equipos da Aulanet tes que ter a túa conta en Servizos. Logo para entrar no ordenador debes identificarte coa túa conta de Servizos e a contrasinal que elixiches.

Fíxate: onde pon usuario tes que introducir o tues datos desta forma: [nomedeusuario]@udc.es


Ir ao inicio

___________________________________________________________________________________________

Cal é a miña conta de correo da universidade

A conta de correo da universidade podes obtela no momento de crear a túa conta en Servizos.

Se lle tes que facilitar a túa conta de correo a alguén, a túa conta é: [nomedeusuario]@udc.es


Ir ao inicio

___________________________________________________________________________________________

Como podo ler o correo da miña conta de correo da universidade

Podes consultar o correo nesta páxina: outlook.office.com

Introduce en nome de usuario, a conta de Servizos [nomedeusuario]@udc.es e como contrasinal o mesmo contrasinal de Servizos .


Ir ao inicio

___________________________________________________________________________________________

Cal é o meu PIN para acceder aos recursos das bibliotecas da universidade

Para acceder aos recursos das bibliotecas da universidade tes que ter conta en Servizos. Ademais necesitas coñecer o teu PIN. Para ver cal é teu PIN, conéctate á páxina de servizos.udc.es coa túa conta de servizos. Unha vez conectado, na páxina principal, no menú da esquerda pincha en “recuperar o PIN da tarxeta”.


Ir ao inicio

___________________________________________________________________________________________

Non teño acceso a Moodle

Para ter acceso a Moodle tes que ter unha conta en Servizos e que transcorreran polo menos 24 horas dende que a creaches. Se xa tes conta en Servizos, transcorreu ese período, estás matriculado no curso actual e non tes acceso a Moodle contacta con o CAU: contacto do CAU


Ir al inicio

___________________________________________________________________________________________

Teño acceso a Moodle pero non vexo o contido de todas as materias nas que estou matriculado e que sei que hai contidos publicados

Tes que confirmar o seguinte:

  • Tes conta en Servizos
  • Estás correctamente matriculado no curso actual
  • Estás matriculado na materia
  • Verifica co profesor que os contidos estean publicados na materia na que te matriculaches (fíxate no código da materia)

Se todo iso é correcto e non vés eses contidos contacta con o CAU: contacto do CAU


Ir ao inicio

_________________________________________________________________________________________

Quero consultar o meu expediente académico

introduce como “usuario” a túa conta de Servizos (sen @udc.es) e en “contrasinal” o teu contrasinal de Servizos ou dende http://servizos.udc.es.

introduce como “usuario” o teu nome de usuario (sen @udc.es) e en “contrasinal” o teu contrasinal de Servizos
e na primeira pantalla selecciona no menú da esquerda “secretaria virtual do estudante”


Ir ao inicio

__________________________________________________________________________________________

Contacto do CAU:

  • extensión 2222
  • correo electrónico: cau.sic@udc.es
  • horario: de 9:00 a 19:00


Ir ao inicio