Que tipo de situacións?

Afrontemos pódeche axudar se estás a ver unha situación de estrés que dura demasiado tempo e/ou que che está impedindo cumprir coas túas tarefas e rutinas habituais.

Afrontemos pode axudarte ante unha crise psicolóxica que se evidencia porque experimentas ansiedade excesiva ou inxustificada, sentimentos de soidade e incapacidade para afrontar as esixencias do día a día, estados de tristeza e/ou nostalxia incontrolables ou sen motivo aparente.

Tamén pode axudarte se non consegues realmente superar algunha perda ou conflito nunha relación significativa, dificultades serias nas relacións persoais ou conflitos prolongados ou intensos coa familia, ou ben no ámbito profesional ou universitario/escolar.