Obradoiro sobre micoloxía

Divulgación científica e cultural da UDC

  • Día: domingo 19 de novembro
  • Horario: 11:00 h até as 19:00 h
  • Lugar: sala de actividades da Casa das Ciencias, no edificio que está na entrada do Parque de Santa Margarida pola rúa Padre Sarmiento.

A xornada consistirá na realización de obradoiros, dirixidos por estudantes universitarios da asociación UDCbigbang, a través da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC, e coa colaboración do Grupo Micolóxico Galego. Ademais, haberá unha exposición das especies de cogomelos máis representativos.

A actividade está dirixida a todas as persoas de calquera idade que desexen iniciarse no coñecemento dos fungos.

Os obradoiros serán os seguintes:

Cultivo de cogomelos. De onde veñen os champiñóns?

Mostrarase un saco de cultivo e falarase das condicións que necesitan os cogomelos.

Sombreiros e pés: morfoloxía dos cogomelos

Exhibición de maquetas e exemplares típicos e máis raros, como os fungos leñosos, para explicar as partes e os diferentes tipos morfolóxicos.

Ciclo de vida dos fungos

Espora, micelio, corpo frutífero... etc. Aquí ensinarase algún fungo microscópico en que se vexa ben o micelio.

Fungos, amigos ou inimigos?

Preparación con halos de inhibición fúnxica, para explicar que algúns mofos son beneficiosos. Tamén se levarán laranxas, pan e outros alimentos con fungos para falar do que é comestible e o que non, así como toxinas.

A participación e a entrada son libres e gratuítas.