II Ciclo de conferencias Ciencia exPress

Segunda conferencia: Cando falla a máquina: como axudar o cerebro sen necesidade de abrilo

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña, en colaboración coa Asociación de la Prensa da Coruña e a Deputación da Coruña, organiza o ciclo de conferencias Ciencia exPress para explicar temas de actualidade científica de forma rigorosa e amena por expertos da UDC.

  • Lugar: Sala de Prensa da Reitoría (A Maestranza)
  • Hora: 20:00h
  • Abertas ao público en xeral (en caso de superar o aforo previsto na Sala de Prensa, trasladarase a conferencia ao Paraninfo)

cienciaexpress2

Segunda conferencia curso 2017/2018

Xoves, 26 de outubro de 2017

“Cando falla a máquina: como axudar o cerebro sen necesidade de abrilo”, de Javier Cudeiro Mazaira

Javier Cudeiro é Doutor en Medicina e Cirurxía, Mestrado en Fisioloxía e Medicina do sono e Catedrático de Fisioloxía da Universidade da Coruña. Formouse nas Universidades de Santiago de Compostela e Marburg (Alemania), no Instituto de Oftalmoloxía da Universidade de Londres, no MIT e na Universidade de Harvard en donde figura como membro afiliado do Berenson-Allen Center.

Foi vicepresidente da Sociedad Española de Neurociencia, presidente da Sociedad Española de Ciencias Fisiolóxicas, membro da European Dana Alliance for the Brain e voceiro do Communication Committee da Federation of European Neuroscience Society. Actualmente é coordinador do grupo de investigación da Universidade da Coruña Neurociencia e Control Motor, (NEUROcom) e Director do Centro de Estimulación Cerebral de Galicia en donde se está a traballar coas técnicas de estimulación non invasiva para o tratamento das enfermedades neurolóxicas e psiquíatricas. Dende este ano é presidente electo da Sociedad Española de Neurociencia.

Como resultado dos traballos realizados por NEUROcom, o grupo ten patentado dúas invencións e recibido o Premio Nacional de Investigación Fundación APMIB (2001); Premio Infanta Cristina (Imserso) 2004: accésit no apartado de I+D+i, e segundo Premio Federación Española de Párkinson, 2009.


Próximas conferencias

23 de novembro de 2017: Fernando Cordido Carballido, “Obesidade e diabetes, dúas epidemias para o século XXI”

25 de xaneiro de 2018: Federico Pomar Barbeito, “De plantas, arados, xenes e drons”

22 de febreiro de 2018: Casto Rivadulla Fernández, “Só utilizamos o 10% e outros mitos sobre o cerebro”

22 de marzo de 2018: Xavier Fonseca Blanco, “O home antropoceno e o cambio climático”

19 de abril de 2018: Angélica Figueroa Conde-Valvis, “Cancro e metástase: na loita contra o cancro”

24 de maio de 2018: Juan Carlos Díaz del Valle, “A depresión no século XXI”

21 de xuño de 2018: Pablo Arias Rodríguez, “Actividade física, alimento do corazón e do cerebro”.