Mobilizacións

Entrada do PAS no Claustro do dia 6 de maio como protesta aos contínuos recortes.
 2014_05_06_protesta_pas_recortes_claustro Opoñémonos aos recortes sistemáticos dos nosos dereitos:

Sociais:
O equipo de goberno da Universidade, que impuxo un drástico recorte na acción social do ano 2014 implantando o copago retroactivo para seguir gozando dos dereitos que considerabamos consolidados, xa notificou á representación dos traballadores e traballadoras a intención de prolongar o recorte durante o ano 2015, anunciando, tamén, que a situación pode, incluso, empeorar pois só compromete a base mínima anunciada para o ano 2013.

  

Económicos:

Á perda de poder adquisitivo, situada en arredor do 30%, dende que Zapatero decidiu recortar salarios para pagar a débeda ilexítima dos bancos, xúntase a negativa desta Universidade a estender os ditames das sentenzas que obrigan ás institucións a devolver a parte devengada da extra de 2012.

Laborais:

Aos recortes tanto nas RPT a taxa de reposición (0% no caso do PAS), á imposición dende a Xerencia e Vicexerencia de Ferrol, así como dalgún vicerreitor de sistemáticos cambios tanto de quenda como de lugar de traballo xúntase a arbitraria xestión das listas de agarda na escala técnica, arbitrariedade que non se coñecía nesta Universidade dende fai máis de 10 anos.

Reivindicando:

Dereitos sociais:

Restitución inmediata da partida orzamentaria de acción social ao establecido para o ano 2013. Comezar, de xeito inmediato, as negociacións para chegar a unha dotación que alcance o 1,5% da masa salarial.

Dereitos económicos:

Recuperación do poder adquisitivo dos salarios. Reivindicamos a devolución inmediata do ilegalmente recortado na paga extra de 2012. Reclamamos que a Universidade renuncie aos recursos xudiciais interpostos.

Dereitos laborais

Que se respecte a RPT, tanto en destinos como en quendas de traballo incumprimentos dos que temos constancia sobre todo nas áreas de conserxería e informática. Cobertura, con carácter definitivo das prazas vacantes na RPT. A negociación dunha nova RPT que solvente as circunstancias non contempladas na actual.