Reunión Xunta de Persoal 11/09/2017

Na reunión realizada o día 11 de setembro de 2017, por unanimidade d@s presentes, tomouse a decisión de solicitar unha reunión co reitor, a realizar á máis brevidade posible, para obter información, debater e adoptar acordos sobre os aspectos que consideramos de especial urxencia e que, deseguido, se enumeran.


Oferta de Emprego Público, estado da súa tramitación e modificacións a realizar para que as prazas a convocar por quenda libre se correspondan co acordo de funcionarización.

Convocatoria de oposicións coa Oferta de Emprego Público do ano 2017 remata a posibilidade de acumulación de OEP, que permite a lei. Deste xeito as Ofertas de Emprego dos anos 2015, 2016 e 2017, no que atinxe ás prazas de quenda libre teñen que se convocar obrigatoriamente neste ano.

Convocatoria das promocións comprometidas para o ano 2017 e que segundo o acordo subscrito en novembro de 2015 deberían convocarse no primeiro trimestre do ano en curso.

Conciliación/Acción social. Posta en marcha do grupo de traballo para estudar os puntos transmitidos pola Xunta de Persoal á Xerencia.

Roupa de traballo, convocatoria extraordinaria.

Incremento salarial, cando se levará a efecto o incremento do 1% establecido nos Orzamentos Xerais do Estado.