Benvido á UTC

A Unidade Técnica de Calidade, que depende organicamente da Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías, leva adiante as seguintes tarefas:

  1. Xestionar proxectos de calidade, avaliación, certificación e acreditación.
  2. Informar e asesorar á comunidade universitaria sobre as actividades e os programas que son competencia da UTC.
  3. Coordinar o sistema de suxestións da UDC a través do que os usuarios envían preguntas, suxestións, queixas e felicitacións.