Servizos e tarifas

A UMAv está a disposición da comunidade universitaria nas seguintes accións:

  • Creación de material audiovisual.
  • Virtualización de contidos.
  • Gravación de congresos, xornadas ou cursos.
  • Préstamo de equipos de gravación, iluminación, proxección, sonorización, etc.
  • Duplicación e transferencia de material audiovisual.

Para iso conta con material axeitado e con persoal técnico especializado tanto na utilización dos diferentes recursos dos que dispón a unidade como nas posibilidades de deseño e desenvolvemento de materiais en formato electrónico e audiovisual.

Tarifas da Unidade de Recursos Audiovisuais