Benvida

cartel_bnA Unidade de Estudos Propios de Posgrao da Universidade da Coruña é un órgano de xestión dependente da Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente que ten como misión planificar, coordinar, supervisar e difundir a oferta de estudos propios de posgrao da UDC, velando pola súa calidade e idoneidade con respecto ás demandas de formación de posgrao do noso entorno.

As ensinanzas propias de posgrao están especialmente dirixidas a titulados universitarios que desexan acadar un nivel de especialización complementario á súa formación de grao e a profesionais con experiencia que ansían mellorar e actualizar os seus coñecementos no seu propio ámbito laboral.

Nesta páxina web atopará información detallada sobre a oferta actual de estudos propios de posgrao da UDC, con programas académicos moi diversos e pertencentes a diferentes ámbitos de coñecemento. Do mesmo xeito, estudantes, profesionais e mesmo as direccións e as secretarías académicas dos distintos programas obterán información e asesoramento sobre cuestións diversas relacionadas coas ensinanzas propias de posgrao na UDC: tipoloxía de cursos, aspectos normativos e legais, tramitacións administrativas, xestión da matrícula, expedición de títulos e certificados, tramitación de novas propostas de cursos,... Para máis información contacte connosco.

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal