Unidade de Estudos Propios

Presentación

A Unidade de Estudos Propios (UEP)  da Universidade da Coruña (UDC) é un órgano de xestión dependente da Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización que ten como misión planificar, coordinar, supervisar e difundir a oferta de estudos propios da UDC, velando pola súa calidade e idoneidade con respecto ás demandas de formación do noso entorno.

As ensinanzas propias están dirixidas tanto a titulados universitarios que desexan acadar un nivel de especialización complementario á súa formación de grao como a profesionais con experiencia que ansían mellorar e actualizar os seus coñecementos no seu propio ámbito laboral. Neste sitio web atopará información detallada sobre a oferta actual de estudos propios da UDC, con programas académicos moi diversos e pertencentes a diferentes ámbitos de coñecemento.

Máis información

Bonificacións para empresas

O Permiso Individual de Formación (PIF) é aquel que a empresa autoriza a un traballador para realizar unha acción formativa recoñecida (entre outras) por un título universitario propio, co fin de favorecer o seu desenvolvemento profesional e persoal, sempre que non constitúa unha formación obrigatoria para o empresario. A acción formativa deberá realizarse integramente de forma presencial ou, de non ser así, ter clases presenciais, prácticas ou titorías obrigatorias. As empresas aplicarán as bonificacións nas cotas á Seguridade Social a medida que abonen os salarios dos traballadores que desfruten do PIF.

Máis información sobre como aplicar as bonificacións PIF en FUNDAE.

Actualidade

Actualidade

Contacto

Unidade de Estudos Propios
Edificio Reitoría, Andar 0
Rúa da Maestranza 9
15071 A Coruña