GalegoCastellanoEnglish
UDCWIFI Novas
  presentación  
  eduroam
  cobertura
  alta usuarios
  configuración
  servizos
  documentación
  ligazóns
  contacto
  Axuda
   
novas
  20.05.2010

Cambio de certificado de udcwifi e eduroam

O 7 de xuño de 2010 substituirase o certificado de servidor udcwifi.udc.es, que dá servizo tanto as conexións sen fíos de udcwifi coma ás de eduroam xa que caduca proximamente. Ese mesmo día instalarase un novo certificado asinado pola nova Autoridade de Certificación da Universidade da Coruña: AddTrust External CA Root. Isto implica que a maioría dos equipos sen fíos dos/as usuarios/as da UDC que se estaban a conectar tanto a udcwifi como a eduroam teñan que realizar cambios na configuración antes da devandita data. Neste documento pódese atopar información resumida de como realizar tales cambios. Ademáis,lembremos que na sección de configuración da páxina udcwifi atopanse as guías de configuración completas.


  15.10.2009

Incorporación de udcwifi e eduroam ao xestor de identidade corporativo

O Servizo de Informática e Comunicacións incorpora os servizos de udcwifi e eduroam ao novo xestor de identidade corporativo da UDC. Ata o vindeiro 1 de Decembro de 2009 poderá seguir empregando tanto as as credenciais (usuario/contrasinal) xeradas no proceso de alta na conta de udcwifi coma as credenciais do xestor de identidade corporativo. A partir do 1 de Decembro só podera empregar para conectarse a udcwifi e eduroam as credenciais do xestor de identidade corporativo.


  03.06.2008

Recordario de cambios en UDCWIFI

Tras a pasada ampliación de servizos da rede sen fíos da UDC en outubro do ano pasado, é preciso revisar a configuración dos ordenadores para comprobar que se corresponde coa indicada na sección de configuración da páxina web de UDCWIFI.

Recordámoslle que ata o día 30.06.2008 seguirán funcionando as configuracións antiguas. A partir desa data, será necesario configurar os dispositivos segundo as indicacións da páxina web para poder conectarse á rede UDCWIFI.


  06.05.2008

Activación da rede UDCWIFI no CITIC

O Servizo de Informática e Comunicacións da Universidade da Coruña aumenta a súa rede sen fíos nas instalacións do CITIC no Campus de Elviña. A ampliación de cobertura a este centro supuxo a instalación de 3 novos puntos de acceso.


  28.02.2008

Activación da rede UDCWIFI na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física

O Servizo de Informática e Comunicacións da Universidade da Coruña pon en funcionamento a rede sen fíos nas instalacións da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. A ampliacion de cobertura a esta facultade supuxo a instalación de 26 novos puntos de acceso que fan que o total de antenas operativas esté cerca das 500. Esta ampliación de cobertura da rede sen fíos ven acompañada dunha ampliación da rede cableada para dotar ao centro dun ancho de banda de 1Gb.


  31.10.2007

Novas configuracións para todos os equipos conectados a UDCWIFI

O Servizo de Informática e Comunicacións da Universidade da Coruña pon en marcha novos servizos na súa rede sen fíos UDCWIFI que veñen a mellorar os xa existentes ampliando os colectivos que poden empregar a rede sen fíos, en particular aqueles que empregan un equipo con sistema operativo Windows Vista. Para máis información, prema na seguinte ligazón.


  21.06.2007

O 30.06.2007 é o derradeiro día para desactivar o proxy do navegador

Tras a ampliación de servizos, o Servizo de Informática e Comunicacións quere recordar que, tal e como se informou nos correos electrónicos enviados, o prazo para eliminar o proxy do navegador finaliza o próximo día 30.06.2007. A partir desa data non se poderá navegar co proxy activado. Para máis información sobre cómo quitar o proxy, prema no seguinte enlace.


  07.05.2007

A nova UDCWIFI: Ampliación dos servizos da rede

O Servizo de Informática e Comunicacións da Universidade da Coruña pon en marcha novos servizos na súa rede sen fíos udcwifi que veñen a mellorar os existentes. Entre estes novos servizos, destaca a navegación web sen proxy ou pasarela, a lectura do correo electrónico mediante un cliente igual que coa conexióon con fíos. Máis información nesta ligazón.


 

A nova UDCWIFI: Posta en marcha da fase III da rede

Púxose hoxe en marcha a terceira fase da rede sen fíos UDCWIFI. Esta fase componse de 150 novas antenas que amplían e melloran a cobertura nos edificios da UDC. O total de antenas instaladas ascende xa a máis de 400.


 
Correo electronico
Rede de comunicacions