INTRODUCIÓN
De todas as tecnoloxías de acceso á rede local, a rede sen fíos (Wireless LAN) é, probablemente, a que chama máis a atención dos/as usuarios/as de servizos de telecomunicacións.
O motor do seu éxito, ademais dos beneficios da conectividade sen fíos ou do abaratamento dos dispositivos móbiles, está na firme aposta dos fabricantes por garantir a compatibilidade dos produtos Wireless. Con esta finalidade, en 1999 creouse a WiFi Alliance, -WiFi, Wireless Fidelity- asociación internacional sen ánimo de lucro que ten como obxectivo certificar a interoperabilidade dos produtos nas redes de área local; especificación IEEE 802.11.
A pesar das constantes melloras que se introduciron na tecnoloxía -véxanse as normas 11b, 11g, ou a futura 11h-, as súas limitacións no espectro das radiofrecuencias e no rendemento afástana das tecnoloxías baseadas no fío (Fast/Gigabit Ethernet). A día de hoxe non se pode pensar en mudar un sistema de alta velocidade por medio de fíos por outro baseado na conmutación por un sistema wireless.
POR QUE UDCWIFI?
Debido ao impacto das tecnoloxías sen fíos na calidade educativa no acceso ás TIC, xa que lles proporcionan un acceso deslocalizado, ubicuo e flexible, ao permitir unha doada integración nas redes de banda larga. Ademais, é unha ferramenta de apoio á docencia (teleformación ou e-learning) e á investigación que se complementa coa rede por fíos existente nas aulas de informática, laboratorios, despachos ...
PROXECTO
O obxectivo do proxecto é a difusión de infraestruturas
sen fíos en 49 edificios nos campus da Coruña e de Ferrol mediante
a adquisición e a instalación de puntos de acceso, campañas de
compras de portátiles subvencionados e préstamo de tarxetas.
Priorízase a implantación:
- en zonas con fíos insuficientes
- en zonas con demanda superior á disposta (bibliotecas, salas de estudo, congresos...)
- en zonas de rede como elemento de aprendizaxe
As tecnoloxías empregadas son as seguintes:
- 802.11g (54 Mbps)
- 802.1x (RADIUS, LDAP) y EAP-TTLS
- Seguridade da información: WPA
Os estudos da cobertura foron realizados coa ferramenta ICS-TELECOM e baséanse nos seguintes parámetros:
- Dispoñibilidade de fío estruturado
- Prioridade de bibliotecas e salas de reunións
- 100mW potencia P.A. e antenas omnidireccionais
- Nivel dos sinais > -72 dBm y SNR+I > 18 dB
- Capacidade de usuario superior a 256 Kbps
- 25 Mbps netos en 802.11g
- Atenuacións por segundo ITU R-1225
FINANCIAMENTO:
- Convenios coa Consellaría de Innovación, Comercio e Industria da Xunta de Galicia
- UNIPORTA: adquisición subvencionada de equipos portátiles para estudantes
- UNIWIFI: implantación de infraestruturas sen fíos nos campus das universidades galegas
- Convenio infraestrutura WiFi coa Consellaría de Educación da Xunta de Galicia
|