Quero conectarme a UDCWIFI, que teño que facer?
Para poder conectarse a udcwifi ou eduroam hai que ter unha conta no xestor de identidade corporativa da UDC. Neste portal pode comprobar os servizos que ten activos. No caso de que aínda non dispoña de conta neste xestor de identidade, ten que rexistrase nesta ligazón. Senón dispón de conta ou este servizo non o ten activo, non poderá conectarse nin a udcwifi nin a eduroam. O servizo está destinado a todo o persoal da Universidade e ao alumnado matriculado no curso académico actual.
Por que debo instalar UDC-SecureW2?
É a forma máis sinxela e segura de configurar a conexión ás redes sen fíos da UDC desde clientes Windows. A aplicación UDC-SecureW2 só pode ser descargada polos usuarios de autorizados de udcwifi ou eduroam. Contén o instalador da aplicación SecureW2 e o autoconfigurador do perfil de conexión. Para a súa descarga prema nesta ligazón.
Teño un ordenador
con Windows98 ou con Windows NT. Podo conectarme a UDCWIFI?
Non, para poder conectarse a UDCWIFI é necesario que o sistema
operativo soporte a autenticación 802.1X. Windows98 e WindowsNT
non admiten ese protocolo.
Teño un ordenador
con Windows 2000. Podo conectarme a UDCWIFI?
Existe un problema co sistema operativo Windows 2000 e a rede sen fíos da UDC. Windows 2000 non ten soporte de forma nativa para os protocolos de seguridade que a rede sen fíos da UDC emprega (WPA, TKIP). A propia compañia Microsoft empraza o usuario de Windows 2000 a instalar o Service Pack 4 e a pórse en contacto co fabricante da súa tarxeta sen fíos para obter o software necesario. Pode obter máis información nesta ligazón
Podo conectarme á Intranet da miña facultade a través de UDCWIFI?
De momento so se puede navegar hacia o exterior. Por exemplo, o alumnado da Facultade de Informática non pode acceder á rede de docencia.
Podo conectarme a UDCWIFI coa miña conta nun centro distinto ao que estou matriculado ou traballando?
Si, coa súa conta de acceso pódese conectar en calquera dos centros en que estea intalada a rede sen fíos. Pode consultar o mapa de cobertura premendo aquí
Merquei recentemente unha tarxeta e resulta que non admite algún dos requisitos
establecidos (WPA, TKIP, 802.11g). Que fago?
Descarga e instala a última versión do driver
da tarxeta da páxina web do fabricante e comproba se realmente é compatible.
Conecteime a UDCWIFI e
agora na miña casa non podo navegar por Internet usando a
tarxeta sen fíos.
Debes
establecer de novo a configuración da túa
tarxeta (enderezo de IP, proxy) cando te conectas desde outros contornos segundo as indicacións do teu provedor de acceso.
Teño unha PDA e quero conectarme á rede sen fíos
da UDC, é posible?
Si é posible. Creouse unha guía na sección de configuración
Xa teño conta da
UDCWIFI, seguín os pasos de configuración mais non podo
conectarme á WIFI. Que podo facer?
En xeral, trata de ter instalada a última versión
do controlador (driver) do modelo da tarxeta sen fíos que posúas.
Estes controladores podes atopalos na páxina web do fabricante
do teu portátil ou na do fabricante da túa tarxeta
sen fíos.
Teño unha tarxeta Intel PRO Wireless 3945, Windows XP, seguín as instrucións do tutorial pero non se conecta, quédase intentando autenticar. Que podo facer?
Nalgunhas ocasións, é preciso instalar en Windows XP a última É versión do controlador (driver) desta
tarxeta e empregar o propio cliente Intel para conectarse. Segue os pasos indicados nesta ligazón.
Configurei o equipo segundo as instrucións, vexo as redes, mais non se conecta, quédase intentando autenticar.
Que podo facer?
Revise o equipo se ten algún Firewall ou antivirus instalado. Caso afirmativo, comprobe a configuración para permitir o acceso de redes sen fios. No caso de que teña instalado o antivirus Symantec Norton ou o antivirus Panda Software, teno que desintalar xa que non permite o acceso sen fÍos correctamente. Existen alternativas a eses produtos no mercado
Merquei un móbil Nokia de última xeración, pode acceder á rede UDCWIFI?
Los protocolos WIFI introducidos por Nokia nos seus móbiles están sendo modificados e non son compatibles coa rede Eduroam en que se atopa englobada a rede UDCWIFI. É preciso que o móbil sexa compatible cos protocolos EAP-TTLS-PAP.
Recentemente Nokia aceptou modificar os protocolos para facelos compatibles con Eduroam e anunciou unha próxima actualización do firmware dos seus produtos. Pode achar máis información nesta ligazón.
A documentación deste portal non me aclara as miñas dúbidas. Que podo
facer?
A
Rede de Comunicacións puxo en servizo un enderezo de correo
electrónico para resolver calquera tipo de dúbida (udcwifi@udc.es). Senón dispón de conta no xestor de identidade corporativo ou este servizo (udcwifi) non o ten activo, as incidencias realizaránse no Centro de Atención a Usuarios (CAU) remitindo un correo a cau.sic@udc.es ou chamando ao 981167000 extensión 2222.
|