MOBILITY TASK FORCE
(http://www.terena.nl/tech/task-forces/tf-mobility/)
Esta é unha iniciativa que nace en decembro de 2002,
impulsada por TERENA (Trans-European Research and Education
Network Association), co obxetivo de investigar e de darlle solucións
á itinerancia de estudantes e de investigadores europeos
entre as distintas universidades, baseándose nas posibilidades
que proporcionan as redes sen fíos.
Grazas a esta iniciativa, identificáronse as necesidades
referentes á seguridade, avaliáronse as distintas técnicas
de autentificación e de autorización que se basean en
estándares e independentes de plataforma, en contornos
de redes sen fíos (RADIUS+802.1x, solución baseada
na web, redes privadas Virtuais etc.) para identificar aquelas
que resultaren máis axeitadas e fixéronse probas
do hardware e do software existentes etc.
Eduroam (European Roaming)
Como resultado da "Mobility Task Force" xorde Eduroam (http://www.eduroam.org ou
http://www.eduroam.es).
A idea é a da existencia dunha xerarquía de servidores RADIUS para a
autentificación e a autorización destes usuarios itinerantes para que poidan
acceder a internet ao longo das súas estadías fóra do seu lugar de traballo
habitual, empregando sempre as mesmas credenciais. SURFnet puxo en
funcionamento o servidor RADIUS, que é a raíz desta xerarquía.

Como se pode comprobar na imaxe anterior, España entra
dentro dos países que se unen a esta iniciativa.
Subir
USUARIOS DA UDC QUE VAN A OUTRA INSTITUCIÓN
Calquera usuario de UDCWIFI que se vaia trasladar a outra institución pertencente
a Eduroam, poderá conectarse a súa rede sen fíos. Debe ter en conta o seguinte cando configure Eduroam:
Login e Contrasinal: O mesmo login e contrasinal que na UDC.
Conexión: se non se conecta coa rede sen fíos da Universidade da Coruña, tampouco
o fará coa rede sen fíos da outra institución.
Modo de acceso: a rede sen fíos da Universidade da Coruña emprega 802.1X como
modo de acceso e EAP-TTLS, WPA/TKIP como modos de encriptación e de autenticación,
recomendados por Eduroam. Estes están presentes na maioría das institucións, polo que non é necesario cambiar a configuración do seu cliente (SecureW2, wpa_supplicant etc.). Porén, noutras institucións non están dispoñibles estes protocolos. Os nosos servizos non dispoñen de
experiencia noutros modos de acceso distintos aos que recomenda Eduroam.
SSID: a maioría das organizacións pertencentes emprega o SSID
Eduroam; por tanto, se utiliza este SSID para a conexión á rede sen fíos da Universidade da Coruña,
non terá que o cambiar na configuración do seu pc.
Recomendámoslle consultar, na web da outra institución, a información referente a Eduroam.
Consulte tamén as páxinas da iniciativa
nacional e
internacional de Eduroam.
Subir
USUARIOS DOUTRAS INSTITUCIÓNS QUE VEÑEN Á UDC
A Universidade da Coruña pertence á iniciativa Eduroam e, por tanto, habilítalles o
acceso á súa rede sen fíos aos usuarios de calquera organización adherida á iniciativa de Eduroam,
de acordo coa súa política de itinerancia e coas normas de uso da rede sen fíos da Universidade da Coruña.
Na sección Cobertura, poderá consultar os edificios en que está dispoñible
a rede sen fíos.
O usuario visitante debe empregar o SSID Eduroam.
Ambos os dous presentan as mesmas características.
A rede sen fíos da Universidade da Coruña emprega os seguintes protocolos
de autenticación e de encriptación: 801.X, EAP-TTLS, WPA-TKIP, seguindo a
recomendación de Eduroam. Se a súa organización tamén os soporta, non é necesario cambiar a configuración do seu cliente (SecureW2, wpa_supplicant etc.)
Na sección Servizos, pode consultar os servizos que se lles ofrece aos usuarios
da rede sen fíos.
Antes de vir á UDC e de empregar a súa rede sen fíos, recomendámoslle comprobar as seguintes cuestións:
Subir
|