CONFIGURACIÓN EN CLIENTES MÓVILES (PDA / SMARTPHONE) CON WINDOWS MOBILE 6.1
Paso 0: Cómpre que o seu equipo teña instalado ActiveSync se este ten Windows XP ou Centro de dispositivos para Windows Mobile se este ten Windows Vista. Esta aplicación é necesaria para poder instalar programas na súa PDA/Smartphone.
Paso 1: Descargue no seu PC o programa "Secure W2 para Pocket PC 3.3.3" desde aquí.
Paso 2: Conecte o seu PDA/Smartphone ao PC e asegúrese de que ActiveSync/Centro de dispositivos para Windows Mobile
teñen o dispositivo móbil asociado.
Paso 3: Instale o programa Secure W2 para Pocket PC 3.3.3.






Paso 4: Comprobe que a configuración TCP/IP da tarxeta de rede
sen fíos da PDA / Smartphone está en modo DHCP.
Para iso vaia a "Inicio", "Configuración", "Conexións, adaptadores de rede e "Seleccionar a tarxeta de rede sen fíos"


Paso 5: Configuración da conexión: Vaia a "Inicio", "Configuración", "Conexións", "Wifi", "Sen fíos". Seleccione a rede que desexa configurar, "udcwifi" ou "eduroam". En caso de non detectar ningunha, prema sobre Engadir nova.

Paso 6: Indique que se desexa conectar a internet no despregable Conecta a e prema Seguinte.

Paso 7: Na ventá Configurar rede sen fíos, seleccione como Autenticación WPA e Cifraxe de datos TKIP e prema Seguinte.

Paso 8: Na ventá Configurar autenticación de rede, seleccione como Autenticación WPA e Cifraxe de datos TKIP e prema Seguinte..

Paso 9: Na segunda ventá de Configurar autenticación de rede, marque a caixa de verificación Utilizar control de acceso a IEEE802.1x, seleccione como Tipo de EAP SecureW2 TTLS e prema no botón Propiedades.

Paso 10: Na segunda ventáa de Configurar autenticación de rede, marque a caixa de verificación Utilizar control de acceso a IEEE802.1x, seleccione como Tipo de EAP SecureW2 TTLS e prema no botón Propiedades.

Paso 11: Agora hai que configurar o perfil de acceso no SecureW2. Podemos usar o perfil que trae por defecto ou crear un novo. Logo de o facer, prema o botón Configure.

Paso 12: Na lapela Connection hai que seleccionar a caixa de verificación tal e como se ve na imaxe e introducir anonymous@udc.es.

Paso 13: Na lapela "Certificates", marque a caixa Verify Server Certificate.
Para engadir un certificado, prema o botón Add CA. Na ventá que se presenta, seleccione
AddTrust External CA Root e prema Add. A continuación,
na pantalla principal hai que marcar a caixa de verificación Verify Server Name e
introducir udcwifi.udc.es. Se non atopa AddTrust External CA Root na listaxe de certificados,
debe descargarlo premendo nesta ligazón
e instalalo premendo dúas veces nela e aceptando as pantallas que se lle presentan.

Paso 14: Na lapela Authentication seleccionar PAP.

Paso 15: Na lapela User account escriba o nome do xeito usuario@udc.es,
o contrasinal e deixe o campo de dominio en branco; ou ben usar a forma que se muotra na pantalla.

Subir
|