GalegoCastellanoEnglish
UDCWIFI Novas
  presentación  
  eduroam
  cobertura
  alta usuarios
  configuración
  servizos
  documentación
  ligazóns
  contacto
  Axuda
   
configuración
 

 

CONSIDERACIÓNS PREVIAS

Requirimentos técnicos para a conexión á rede sen fíos UDCWIFI que ten que soportar o dispositivo:

  • Estándar IEEE802.11b/g e WPA-TKIP.
  • Cliente 802.1X con soporte de EAP-TTLS e PAP.

Para poder conectarse a udcwifi ou eduroam hai que ter unha conta no xestor de identidade corporativa da UDC. Neste portal pode comprobar os servizos que ten activos. No caso de que aínda non dispoña de conta neste xestor de identidade, ten que rexistrase nesta ligazón. Senón dispón de conta ou este servizo non o ten activo, non poderá conectarse nin a udcwifi nin a eduroam.

Cada vez que o usuario desexe conectarse a udcwifi ou eduroam debe autenticarse co nome de usuario e co contrasinal do xestor de identidade corporativo, seguido de @udc.es, tal como se indica a continuación:

login: usuario@udc.es
password: xxxxxxxxx

Tarxetas cliente

As tarxetas cliente deben admitir WPA e TKIP.

Windows XP, Windows Vista e Windows 7

Ademais do cliente para redes sen fíos de Windows iniciado (Configuración sen fíos rápida), é necesario a instalación do software SecureW2 v.3.3.3 ou superior (SecureW2 EAP Suite v.1.1.3 recomendada para Windows Vista e Windows 7).

Instalación recomendada para os usuarios da UDC: UDC-SecureW2. Esta aplicación permite instalar o software SecureW2 e configura de forma automática o seu perfil de acceso. Para a súa descarga prema nesta ligazón.

Windows XP Service Pack 1

En Windows XP con SP1 débense instalar como mínimo os parches de Microsoft Q815485 e KB826942:

Parche Q815485

Parche KB826942

Recoméndase actualizar o sistema a Windows XP Service Pack 2. Esta actualización xa inclúe os parches anteriores entre otras melloras. Pode ir á páxina de descargas de Microsoft para obter o Service Pack 2 premendo nesta ligazón (Tamaño aproximado da descarga 260MB)

Ubuntu GNU/Linux

En Ubuntu GNU/Linux é necesaria a instalación do cliente wpasupplicant, no caso de non empregar NetworkManager.

MAC OS

En MAC OS non é necesaria a instalación de ningún cliente adicional.

  Subir


Correo electronico
Rede de comunicacions